Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta marketing

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...

Condicións das condicións de uso

Estas son condiciones de uso que se van considerar conveniente incluir na nosa tenda on-line: Información xeral da empresa e da web. Declaración de propiedade(s) e dereitos sobre os contidos que aparecen na web. Información sobre os productos que aparecen. Prezo: Que se inclue e que non. Declaración de responsabilidade sobre o stock dispoñible.  Pago. Como se fai. Información sobre a seguridade da páxina. Como se fai o pedido. Modificacións e cancelacións. Prazos e lugar de entrega. Condicións para a devolución. Garantía dos produtos. Política de privacidad de datos. LOPD/LSSI Lexislación aplicable. Reservarse sempre a posibilidad de modificar as condiciones de uso. Limitar ao máximo as posibles responsabilidades.

algunhas chaves para ter contentos aos clientes

Dar o paso cara unha estratexia de marketing on-line que implique a nosa presenza comercial nas redes sociais ten os seus riscos e obrigas. Si queremos un balance positivo vamos a ter obrigas: atención ao cliente, accións programadas de marketing que manteñan viva a nosa presenza nas redes,... E, indefectibelmente, riscos. Nas redes sociais, a nosa marca, os nosos servizos e produtos, están totalmente expostos aos eloxios tanto coma aos ataques. Os clientes están en liña - Facebook, Twitter, foros, ..-, remitindo opinións sen censura, e sen limite, e das que descoñecemos as consecuencias. Unha única mensaxe describindo unha experiencia negativa pode desatar un fluxo indesexable de comentarios, queixas máis ou menos lexitimas, ou incluso acabar con accións en masa para boicotear a marca completamente. Que podemos facer para previr catástrofes e prosperar neste entorno en liña? O primeiro e esencial: unha supervisión constante da execución do plan de acción establecido - obxectiv...

avaliar a idea de negocio

Algunhas preguntas para avaliar unha idea de negocio: Cales son as avantaxes ou os beneficios da nosa idea? Saberíamos explicar a nosa idea a posibles socios, inversores, clientes ou provedores? É sinxela de executar? Ou é complicada? E, canto? Existe unha necesidade no mercado ou teríamos que criala con campañas de marketing e publicidade? Coñecemos ben o mercado e á competencia? Está o mercado preparado para recibir a nosa idea? Pagarán os potenciais clientes por ela? Coñecemos con exactitude os problemas ou dificultades que a nosa idea deberá afrontar no futuro? A nosa idea é un concepto orixinal, unha innovación o unha evolución? Que beneficios inmediatos ou a corto prazo xerará? Son as nosas proxeccións financeiras axeitadas? Cantas líñas de ingresos posibilitará a nosa idea? Son os resgos aceptables? Que beneficios a longo prazo poden anticiparse? ...

SEO de contidos non escritos nos medios sociais

Xa consideramos a optimización para imaxe, video e son de xeito individual, pero o cometido aquí vai a ser outro. O obxectivo do SEO para contido non escrito en redes sociais non é necesariamente o de ser atopado polos buscadores, mais si o de asegurarse que estamos a sacarlle todo o proveito ao contido non escrito incluído na nosa actividade en redes. Vexamos algunhas practicas recomendadas para: - Pinterest 1/ Optimizar o nome e a descrición da conta. 2/ Incluír enlaces a súa web en cada 'pin'. 3/ Usar palabras clave no texto do nome do ficheiro e texto alternativo -alt- das imaxes das que facemos 'pin'. 4/ Adicarlle un tempo a descrición de cada 'pin' e incluír palabras clave. 5/ Incorporar hashtags para amplificar o alcance social de cada 'pin'. saber máis: http://blog.hubspot.com/blog/tabid/6307/bid/34042/The-Marketer-s-Guide-to-Pinterest-SEO.aspx - Facebook Hai datos que indican que as fotos en Facebook xeran un 53% máis de 'Me gu...

SEO con contidos de son

Do mesmo xeito que Google non ten ollos para ver imaxes ou vídeo, os buscadores tampouco teñen oídos para escoitar os sons. De que xeito podemos asegurarnos de que os buscadores 'escoitan' a mensaxe? Vale moito do empregado nos casos das imaxes e o vídeo: textos alternativos, títulos, descricións, transcricións, un uso de palabras chave coherente,... Con todo é bo saber algo máis si asemade perseguimos unha boa posición nos SERP de servizos coma iTunes. Algunhas ideas de como crear un podcast facilmente localizable nas SERP de iTunes ;). 1/ Poñerse no sitio dun usuario que nunca oíu falar do noso podcast pero esta a buscar un contido similar. Imaxínate que palabras empregaría na súa busca, comprobar os resultados da busca asegurándonos de até que punto son coincidentes -temática, estilo,...- cos nosos contidos. E probable que teñamos que probar máis dunha vez antes de obter resultados óptimos. 2/ Unha coidada estratexia de palabras clave é unha das partes máis importantes...

SEO para contidos non textuais (II)

Boas prácticas para SEO con contidos en vídeo Agora que xa coñecemos os fundamentos da indexación de imaxes , vexamos como indexar vídeo. 1/ Coma no caso das imaxes usar só formatos que Google poida ler. MPG, MPEG, M4V, MOV, WMV, ASF, AVI, RA, RAM, RM, FLV ou swf. Usar segundo conveña. 2/ Gardar o vídeo cun título de palabras clave axeitadas e contextuais. 3/ Mellor sería que o SEO para vídeo encetara nas etiquetas do noso encabezado html: title, meta description e meta keywords. O título, as palabras clave e a meta descrición, todos a vez, deben axudar aos motores de busca a entender -indexar- o asunto e contido do vídeo. O título debe reflectir as palabras clave que os usuarios están a buscar, e que, por suposto, se adecúan ao contido do vídeo. Si non estás seguro de por onde encetar: usar unha ferramenta de palabras clave que permita ver as palabras e frases que a xente está usando para atopar o noso sitio. Escoller e empregar palabras clave para a meta descrición coa que p...

SEO para contidos non textuais (I)

Cando as contornas deseñadas para o marketing on-line son cada vez máis visuais: Como resolver o SEO dun sitio web así? Que se saiba Google -et alt.- inda non indexan as imaxes, videos ou son. Non sen unha pequena axuda. Boas prácticas para SEO con imaxes Está pode ser a parte máis fácil de entender. Tamén para os buscadores. 1/ Usar formatos de imaxe axeitados. Google só pode indexar imaxes dos formatos BMP, GIF, JPEG, PNG, WebP e SVG. 2/ No canto de darlle aos buscadores un nome que non ten nada que ver coa imaxe ("IMG12345.jpg"), mellor usar como nomes de imaxe palabras ou frases descritivas do que a imaxe representa. Google usa eses nomes para indexar as imaxes co que podermos conseguir que algunhas veces o nome do ficheiro apareza nunha SERP . Por exemplo "Horreo-de-dezaseis-mos-en-Lourizan-Galicia.jpg" ou "Horreo_de_dezaseis_mos_en_Lourizan_Galicia.jpg". Google entenderao mellor, tamén nos. OLLO!: Ao separar as palabras con guións Google usarao...

social media manager/community manager

Cando unha empresa conta con aproveitar as redes sociais como unha ferramenta das súas estratexias de mercado e se propón obter/contratar os servizos dun especialista debería coñecer a sútil pero evidente diferenza que, -tamén segundo Wikipedia ;)-, existe entre o social media manager (xestor de medios sociais) e o community manager (xestor da comunidade). Ámbolos dous son os responsables de deseñar, soster, incrementar e atender as relacións da empresa cos clientes no ámbito dixital. O xestor de medios sociais deseña estratexías, analiza/interpreta resultados e actua na consecución de obxectivos. A principal diferenza co community manager é que este é quen executa a estratexia deseñada polo social media manager. Ao primeiro se lle supoñen cualidades de planificación estratéxica de medios, planificación de obxectivos, prospectiva avaliable, xestión de provedores,... O community manager ten de ser un avezado especialista en comunicación social que saiba trasladar a(s) rede(s) a est...

paxina en construcción

Estamos mejorando nuestra web! Que? Ou non! Ou... non! Outra vez as voltas con esa web a medias, sempre inoportuna que decepciona máis que informa. Pódese tolerar un 404 máis menos amigable, un sitio oportuno para o chiste, o experimento ou a broma. Até un 501 se pode soportar... Pero si hai algo máis decepciónante que a paxina lixo que ocupa un dominio abandonado e a típica pantalla -inútil por que non te leva a ningures nin ofrece servizo algún- que pretende facer da súa inconsistencia un favor ofrecido ao usuario: "En este momento estamos haciendo algunas mejoras en la web que nos imposibilitan estar online." Vaia! que melloras son esas que fan que a súa web este con esa mensaxe tan decepciónante e -vou a dicilo inda que alguén se ofenda: síntoo!- tan pouco profesional durante... o último mes(?). Cando atopo unha paxina así lémbrome do dito ese de que cando teñas que fabricar unha astronave mellor que o fagas por duplicado. No caso de que se producira unha incide...

redactas? ollo co que dis

Redactar con sentido ou xenio suficiente é un reto na estratexia comercial dunha compañía. As presas as veces; as veces querer abarcar máis do necesario pode xerar frases difíciles de dixerir e posiblemente contrarias a nosa intención. Sentidiño ;) ... is a young company with decades of experience. Established in 2006, ...     young/decades/2006 ?