Saltar ao contido principal

SEO para contidos non textuais (II)

Boas prácticas para SEO con contidos en vídeo

Agora que xa coñecemos os fundamentos da indexación de imaxes, vexamos como indexar vídeo.

1/ Coma no caso das imaxes usar só formatos que Google poida ler. MPG, MPEG, M4V, MOV, WMV, ASF, AVI, RA, RAM, RM, FLV ou swf. Usar segundo conveña.

2/ Gardar o vídeo cun título de palabras clave axeitadas e contextuais.

3/ Mellor sería que o SEO para vídeo encetara nas etiquetas do noso encabezado html: title, meta description e meta keywords. O título, as palabras clave e a meta descrición, todos a vez, deben axudar aos motores de busca a entender -indexar- o asunto e contido do vídeo.
O título debe reflectir as palabras clave que os usuarios están a buscar, e que, por suposto, se adecúan ao contido do vídeo. Si non estás seguro de por onde encetar: usar unha ferramenta de palabras clave que permita ver as palabras e frases que a xente está usando para atopar o noso sitio.
Escoller e empregar palabras clave para a meta descrición coa que podemos fornecer o vídeo. YouTube concede até 5.000 caracteres para describir o vídeo. Pero atendendo a que Google vai cortar esa descrición na SERP a 156 caracteres, mellor asegurarse de que a primeira frase inclúe as palabras clave que inviten ao usuario a premer na ligazón.

4/ E bastante común ter unha páxina que funcione coma un "estante" para os vídeos. Este tipo de biblioteca pode ser útil con fins de ficheiro de referencia, pero a dende a perspectiva do buscador só é unha boa idea se todos os vídeos son sobre o mesmo tema xeral. Por exemplo, podemos albergar todas as entradas a nosa colección de vídeos de receitas de cociña nunha páxina, o que é óptimo para aparecer para unha consulta a prol de "videos receita de cociña." Pero non para unha busca máis especifica: "video empanada bacallau".

5/ Permiso 'total' para compartir coa incorporación dun texto áncora específico. Por que o feito de compartir contidos nas redes sociais ten un papel moi efectivo nos rankings SERP para unha frase clave específica. Cantas máis persoas incorporaren o vídeo no seu propio sitio ou o compartan nas redes sociais, máis se interesarán os buscadores por ese contido. So asegurarse de que o vídeo é facilmente integrábel e que o servizo de hospedaxe de vídeo permite a opción de incorporación a beneficio de outro sitio.

6/ Crear un mapa do sitio de vídeo para Google Webmaster. Os mapas de sitio (sitemaps) son arquivos XML cos meta datos dun sitio web que informan aos buscadores sobre os contidos das páxinas dun sitio web. Incluir etiquetas e información a prol dos vídeos dun site incentiva a Google a incluír un fragmento co seu vídeo nunha SERP.

7/ Case seguro que o mellor xeito para que os motores de busca indexen contido non escrito, é engadir contido escrito: incluir unha transcrición. A maioría dos servizos de vídeo, incluíndo YouTube e Wistia, inclúen servizos de transcrición de balde ou por unha pequena taxa. Incluír unha transcrición na páxina para axudar aos buscadores e aos espectadores que non pode ver pode mellorar o consumo do producto. Algo máis? Non esperar a que compartan o vídeo, autopublicarse -ebook, redes sociais, blog,...- en diferentes plataformas, e compartir, compartir, compartir, ... ;)

(cont.)

saber máis: search-engine-optimizing-non-written-marketing-content
videosearch/sitemaps

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Seguridade de Redes e Sistemas

  Estas son algunhas url que recopilei perante o curso de Técnico en Seguridade de Redes e Sistemas,  verán de 2009.  > Posiblemente conten información  desactualizada. URLs de consulta http://www.baxware.com/ http://www.sectools.com/ LINUX Redes linux   Microsoft Máquinas Virtuales: Virtualización Virtualización x86 Virtualización   TechNet Magazine: Group Policy /Directivas de grupo Group Policy: TechNet Magazine Arti... Plantillas ADM y ADMX  Group Policy. FAQs Optimización del rendimiento de directiva de grupo Consola de administración de directivas de grupo.   Scripting: Script Center Microsoft   Active Directory: Novedades en Servicios de dominio de Active Directory GPO/ADMX Políticas de grupo(GPOs) y ADMX en Windows Server 2008 Getting Started: AD DS Create a PSO   Auditorias Auditorías   Redes Protocolos CSMA/CD Frame_Relay WLAN#Principios_de_las_redes_WLAN RDSI#La_interfaz_del_usuario Modelo_OSI Broadcast  *********...

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...

Atopar o que se busca

Unha busca ou consulta nos motores coma Google, Yahoo, Bing, et atl. é un modo de recuperar información (IR). Recuperar material que satisfaga unha necesidade de información se traduce en atopar material que sexa o máis parecido posible aos términos clave indicados na consulta. A organización automática (clustering), a resposta de preguntas (question answering) e a elaboración de resumes (summarization) son as estratexias básicas do funcionamento dos coñecidos buscadores de contidos que se usan en Internet. As necesidades de información dos usuarios -consultas- e os documentos cos que se alimenta o sistema - obxectos indexados- son os elementos clave para calquera sistema de IR: coa comparación das consultas cos obxectos indexados se obteñen os obxectos recuperados que se lle presentarán ao usuario. A 'mellora' dos resultados para obter aqueles que se axusten mellor ás necesidades do usuario son o obxecto da implementación de novos recursos -algoritmos- por...