Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2013

SEO para contidos non textuais (II)

Boas prácticas para SEO con contidos en vídeo Agora que xa coñecemos os fundamentos da indexación de imaxes , vexamos como indexar vídeo. 1/ Coma no caso das imaxes usar só formatos que Google poida ler. MPG, MPEG, M4V, MOV, WMV, ASF, AVI, RA, RAM, RM, FLV ou swf. Usar segundo conveña. 2/ Gardar o vídeo cun título de palabras clave axeitadas e contextuais. 3/ Mellor sería que o SEO para vídeo encetara nas etiquetas do noso encabezado html: title, meta description e meta keywords. O título, as palabras clave e a meta descrición, todos a vez, deben axudar aos motores de busca a entender -indexar- o asunto e contido do vídeo. O título debe reflectir as palabras clave que os usuarios están a buscar, e que, por suposto, se adecúan ao contido do vídeo. Si non estás seguro de por onde encetar: usar unha ferramenta de palabras clave que permita ver as palabras e frases que a xente está usando para atopar o noso sitio. Escoller e empregar palabras clave para a meta descrición coa que p

SEO para contidos non textuais (I)

Cando as contornas deseñadas para o marketing on-line son cada vez máis visuais: Como resolver o SEO dun sitio web así? Que se saiba Google -et alt.- inda non indexan as imaxes, videos ou son. Non sen unha pequena axuda. Boas prácticas para SEO con imaxes Está pode ser a parte máis fácil de entender. Tamén para os buscadores. 1/ Usar formatos de imaxe axeitados. Google só pode indexar imaxes dos formatos BMP, GIF, JPEG, PNG, WebP e SVG. 2/ No canto de darlle aos buscadores un nome que non ten nada que ver coa imaxe ("IMG12345.jpg"), mellor usar como nomes de imaxe palabras ou frases descritivas do que a imaxe representa. Google usa eses nomes para indexar as imaxes co que podermos conseguir que algunhas veces o nome do ficheiro apareza nunha SERP . Por exemplo "Horreo-de-dezaseis-mos-en-Lourizan-Galicia.jpg" ou "Horreo_de_dezaseis_mos_en_Lourizan_Galicia.jpg". Google entenderao mellor, tamén nos. OLLO!: Ao separar as palabras con guións Google usarao

social media manager/community manager

Cando unha empresa conta con aproveitar as redes sociais como unha ferramenta das súas estratexias de mercado e se propón obter/contratar os servizos dun especialista debería coñecer a sútil pero evidente diferenza que, -tamén segundo Wikipedia ;)-, existe entre o social media manager (xestor de medios sociais) e o community manager (xestor da comunidade). Ámbolos dous son os responsables de deseñar, soster, incrementar e atender as relacións da empresa cos clientes no ámbito dixital. O xestor de medios sociais deseña estratexías, analiza/interpreta resultados e actua na consecución de obxectivos. A principal diferenza co community manager é que este é quen executa a estratexia deseñada polo social media manager. Ao primeiro se lle supoñen cualidades de planificación estratéxica de medios, planificación de obxectivos, prospectiva avaliable, xestión de provedores,... O community manager ten de ser un avezado especialista en comunicación social que saiba trasladar a(s) rede(s) a est

arqueoloxía de Internet

Por cada novo sitio, por cada nova web, blog, tenda virtual, por cada un dos perfiles aberto en cada unha das redes sociais, existen outros tantos tropezos, abandonos, cansazos e renuncias. A "main street" da mega-cidade que é Internet parece estar sempre chea de novidades e estreas, pero tamén de portais pechados, paneis publicitarios e paredes onde se acumulan os anacos e esconchados dunha actividade suspendida no tempo. Cando realizas unha busca, ninguén te garante que as últimas respostas-aportacións-datos a prol do asunto sexan os mellores, os máis axeitados e fiables. Como tampouco nadie garante que unha resposta-aportación-dato encol dun asunto sexa inútil por que ten máis de medio mes publicado na web. O usuario asume a obriga de ser quen, coa súa decisión-selección-elección confira o valor final de algo na rede. Ese é o xogo. E moito da loxica viral coa que se producen as ondas de opinón-distribución-éxito que nos atopamos cada día. Internet é a rúa principal e nes

paxina en construcción

Estamos mejorando nuestra web! Que? Ou non! Ou... non! Outra vez as voltas con esa web a medias, sempre inoportuna que decepciona máis que informa. Pódese tolerar un 404 máis menos amigable, un sitio oportuno para o chiste, o experimento ou a broma. Até un 501 se pode soportar... Pero si hai algo máis decepciónante que a paxina lixo que ocupa un dominio abandonado e a típica pantalla -inútil por que non te leva a ningures nin ofrece servizo algún- que pretende facer da súa inconsistencia un favor ofrecido ao usuario: "En este momento estamos haciendo algunas mejoras en la web que nos imposibilitan estar online." Vaia! que melloras son esas que fan que a súa web este con esa mensaxe tan decepciónante e -vou a dicilo inda que alguén se ofenda: síntoo!- tan pouco profesional durante... o último mes(?). Cando atopo unha paxina así lémbrome do dito ese de que cando teñas que fabricar unha astronave mellor que o fagas por duplicado. No caso de que se producira unha incide

a voltas co deseño web responsivo

O deseño web responsivo implica cambios no proceso de deseño. E unha forma diferente de pensar. Antes de deseñar unha paxina web convén saber -entre outras cousas- como vai a ser o usuario tipo e con que navegador e dispositivo vai a acceder aos contidos. Coas medidas fixadas en píxels, polos parecidos co deseño gráfico plano da publicación impresa, pódese crear un ámbito fácil de comprender e ao que os deseñadores se adaptaron sen problema. Pero impor agora esas restricións do papel e as súas medidas fixas ao deseño web non vai a ser unha solución perdurable. Os modelos flexibles ou fluídos, capaces de adaptarse ao espazo de mostra do dispositivo coa mínima intervención dunha programación especifica, parecen unha alternativa xa consolidada. O desenvolvedor web ten que experimentar e investigar coas técnicas de deseño antes de tentar o deseño -responsivo!- final. O máis axeitado é comenzar polo sinxelo: crear un modelo áxil, adaptable e fluído para mó

bases de datos non-SQL

A base de datos non-SQL Cassandra foi criada por Facebook para así poder dispoñer dunha base de datos distribuída a que se lle supón un máis de alto rendemento, maior flexibilidade, tolerancia a fallos, escalabilidade e que fose capaz de procesar grandes cantidades de datos. Liberada baixo licencia Apache, na actualidade é principalmente utilizada por empresas de internet con proxectos con un uso intensivo da base de datos(p.ex.: Twitter, Adobe, HP,...). Si o proxecto vai a requerir: - Manexar inteaccións de múltiples supscriptores, ou bases de datos distribuidas en varios paises, precisaremos escalabilidad e soporte para a distribución geografica de contidos e resposta a medida para interactuar eficazmente con usuarios-clientes. P.ex.: Netflix . - Manexar campañas de marketing ou correo-e, con enormes cantidades de datos social-media que deben manterse accesibles por anos e por natureza bastante desestruturados... P.ex.: ConstantContact - Proxectas crear unha utilidade na nube

deseño responsivo

A cada novo cliente ou novo proxecto, parece que a necesidade dun deseño que garanta a compatibilidade entre dispositivos está aumentando. Os hábitos dos posibles usuarios así o reclaman. Os smartphones están nun bo pico de popularidade. Os iPads, Kindles, tablets e outros dispositivos portátiles de tamaño medio están case aí tamén. Logo xa non precisamos de salientar a importancia dos sitios mobil-friendly. O deseño responsivo ven a tratar de facer máis lóxico o proceso de deseño dun sitio web que debe de se amosar de xeito correcto independentemente do dispositivo co que o usuario acceda a ese sitio. Ler máis: http://www.webdesign.org/web-design-basics/design-principles/responsive-web-development-as-a-standard-step-by-step.22016.html

NASA | Earth from Orbit 2012

redactas? ollo co que dis

Redactar con sentido ou xenio suficiente é un reto na estratexia comercial dunha compañía. As presas as veces; as veces querer abarcar máis do necesario pode xerar frases difíciles de dixerir e posiblemente contrarias a nosa intención. Sentidiño ;) ... is a young company with decades of experience. Established in 2006, ...     young/decades/2006 ?

web e mercado libre

Afronta-lo desenrolo dun portal web implica experiencia e profesionalidade. 'Calquera' pode criar un portal, pero non calquera pode criar un portal seguro, eficaz e profesional. Podes probar con 1to1 ou opcións similares, comprar unhas templates ou descargarte algún framework open source... probablemente despois duns 3-6 meses estarás farto e o teu negocio continuará sen ter unha paxina web que sirva de referencia ou que aporte o valor engadido suficiente para ser atractiva aos usuarios. E terás que recorrer a profesionais que solucionen o teu problema. Solo terás encetado a perder diñeiro e tempo. Un deseñador web profesional analizará con detemento o teu caso, creará un proxecto especifico para ti e si vos poñedes de acordo firmaredes un contrato con garantías, no que se establecerán as condicións de desenrolo: - Deseño da base de datos - Arquitectura do site - Programación frontend/backend - Deseño gráfico frontend/backend - SEO / Optimización buscadores - AA