Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2013

aproveitar Linkedin ao máximo

Non todas as redes sociais son iguais. Non teñen os mesmos cometidos, nin tampouco os mesmos protocolos aceptados de participación. E tampouco o mesmo público. Cando usamos unha rede social en concreto debemos coñecer que prácticas son máis efectivas ou cales non están ben consideradas. No caso de LinkedIn un artigo publicado en www.puromarketing.com aconsella o seguinte: - LinkedIn vai cumprido de profesionalidade, se profesional Que sexa unha rede social non quere dicir que sexa Facebook. As relacións que se establecen nesta rede teñen como obxectivo prioritario facer contactos profesionais. É bo dar boa imaxe ao fin de xerar confianza e demostrar os nosos méritos. - A túa descrición será crible Unha cousa é ser orixinal, co fin de destacar, e outra ter profesións inimaxinables. - Non estás parado, senón en busca activa de emprego Nunha epoca de eufemismos... Presentarnos como profesionais independentes, amosar as actividades que estamos a facer - voluntariado, colaboracións,..

estás enganchado as redes sociais?

as redes sociais atrapan. son sedutoras. como non? como obviar un medio que permítenos ás persoas de todo o mundo conectarnos, compartir e colaborar entre nos, coma nunca antes na historia. pero por esa mesma potencialidade 'universal' e capacidades 'sen límites' non é difícil que determinados usuarios sucumban a un uso excesivo, descontrolado ou se fagan adictos. como para outras moitas cousas debemos coñecer os diferentes niveis de uso que producen satisfacción e aportan efectos positivos para a nosa actividade e relacións sociais, ou cales entran xa dentro de actitudes de dependencia ou cales significan un deterioro plausible do comportamento ou unha adicción. como saber cando nos poñemos en situación de risco? como comprobar o meu nivel de dependencia ou adicción? Síntoma 1: acabo en redes inda que teña outras cousas mellores ou máis importantes que facer. Síntoma 2: o meu <em>smartphone</em> é máis social

algunhas consideracións sobre o teletraballo e a eficiencia

1. Produtividade: permitir que cada traballador determine canto traballo ten que facer cada día pode chegar a ser máis produtivo. E sen dubida fornece a 'cultura da confianza' e a 'corresponsabilidade'. 2. Documentación: como ferramenta de coordinación e comunicación a documentación é fundamental. Deste xeito un traballo, unha estratexia pode non só ser compartida co resto do equipo; pode ser analizada e estudada en detalle... 3. Comunicación: As conversacións tenden a ser máis reducidas e directas. E coas ferramentas de comunicación que existen, poden ser tan áxiles e exhaustivas como se precise. Sempre hai canles: voz, texto, imaxes, vídeo... 4. Decisións: As 'reunións' son totalmente operativas e áxiles: Tomar notas de forma colectiva, compartir documentación, acceder a repertorios comúns, ... 5. Rendibilidade: As empresas que precisan menos sitio na oficina aforran en alugue, material, .... Aumentase a posibilidade de compatibilizar traba

algunhas chaves para ter contentos aos clientes

Dar o paso cara unha estratexia de marketing on-line que implique a nosa presenza comercial nas redes sociais ten os seus riscos e obrigas. Si queremos un balance positivo vamos a ter obrigas: atención ao cliente, accións programadas de marketing que manteñan viva a nosa presenza nas redes,... E, indefectibelmente, riscos. Nas redes sociais, a nosa marca, os nosos servizos e produtos, están totalmente expostos aos eloxios tanto coma aos ataques. Os clientes están en liña - Facebook, Twitter, foros, ..-, remitindo opinións sen censura, e sen limite, e das que descoñecemos as consecuencias. Unha única mensaxe describindo unha experiencia negativa pode desatar un fluxo indesexable de comentarios, queixas máis ou menos lexitimas, ou incluso acabar con accións en masa para boicotear a marca completamente. Que podemos facer para previr catástrofes e prosperar neste entorno en liña? O primeiro e esencial: unha supervisión constante da execución do plan de acción establecido - obxectiv

técnicas para mellorar a vida dun deseñador/desenrolador

algunhas cousas que me axudan a ser deseñador web: - Ferramentas que simplifiquen as tarefas máis fatigosas ou repetitivas dalgunha das facetas da actividade diaria: Lectores RSS para acceder a contidos de xeito dinámico, filtros de correo para simplificar a clasificación, xestores de actividade en redes sociais, enlaces a recursos on-line, xestores to-do list , axenda, calendario, recursos na nube, ... - Repertorio de fontes, iconas, referencias gráficas... biblioteca coas fontes, imaxes, plantillas,... as que compro e tamén os gratuítos que poidan facilitarme o traballo. [Ollo coa síndrome do Dióxenes dixital -agora que xa conseguimos arredar os CDs enchidos de datos de antigos traballos, perlas, ebooks que nunca leremos, etc. e o ultimo tera-disco inda conserva un espazo razoable de almacenamento....] . Unha estratexia actualizada de clasificación, etiquetado, marcadores,... Tamén emprego recursos en liña coma Pinterest, tumblr, Picasa, Flickr, ... para crear repertorios ou quei

presenza web garantida

Na web a duración é tan escasa case como a fiabilidade. Esa é a crenza común, asociada comunmente a empresas que teñen o mal habito de reter claves, información sensible e incluso practican o secuestro dos dominios dos seus clientes. Evidentemente ese é un dano que afecta a todo o sector, así que non é infrecuente que moitas empresas mostren receo e inda rechazo fronte aos provedores de servizos na web. Tampouco é estraño que o noso provedor poida quebrar dandonos moi pouca marxe de reacción para fornecernos con outro servizo. Tamén pode ocorrer que a xerencia dunha empresa pase por alto a importancia dos servizos que oferta e dependen case exclusivamente da integridade da súa presenza on-line, até que non se enfronta a algún dos posibles problemas que acabamos de comentar. Por iso é importante ter presente algunhas regras que nos axuden a xestionar sen demasiados sustos a nosa presenza na web. Como escoller un servizo profesional con garantías? Non hai regras, pero si evidencias -

avaliar a idea de negocio

Algunhas preguntas para avaliar unha idea de negocio: Cales son as avantaxes ou os beneficios da nosa idea? Saberíamos explicar a nosa idea a posibles socios, inversores, clientes ou provedores? É sinxela de executar? Ou é complicada? E, canto? Existe unha necesidade no mercado ou teríamos que criala con campañas de marketing e publicidade? Coñecemos ben o mercado e á competencia? Está o mercado preparado para recibir a nosa idea? Pagarán os potenciais clientes por ela? Coñecemos con exactitude os problemas ou dificultades que a nosa idea deberá afrontar no futuro? A nosa idea é un concepto orixinal, unha innovación o unha evolución? Que beneficios inmediatos ou a corto prazo xerará? Son as nosas proxeccións financeiras axeitadas? Cantas líñas de ingresos posibilitará a nosa idea? Son os resgos aceptables? Que beneficios a longo prazo poden anticiparse?

Saul Bass

Teño que confesalo: muito do meu interese polo cine débese aos títulos de crédito. Facendo non muito esforzo inda diría que máis dunha vez o único que me levei da sala foron os títulos de crédito. Non so falo das cabeceiras dos filmes de Bond, James Bond, -unhas mellores que outras-, falo en xeral de tódolos títulos de tódalas películas. A Pantera Rosa de Blake Edwards , o plano secuencia da pluma seguida pola paisaxe en Forrest Gump , a hipnotica musica de O terceiro home , Matrix -a primeira-, Seven -inda que logo a película non acabe de estar a altura-. Uns títulos de cabeceira poden ser mellores ou peores, pero os que son realmente bos poden ser o mellor da película. Hoxe - 8 de Maio- fai noventa e tres anos que naceu un dos culpables desta manía miña: Saul Bass . Google celébrao cun doodle ad hoc. Bass comenzou no mundo do cine co cartel de Carmen Jones de Otto Preminger . A Preminger gustoulle tanto o traballo que tamén decidiu encargarlle os títulos iniciais da película

SEO de contidos non escritos nos medios sociais

Xa consideramos a optimización para imaxe, video e son de xeito individual, pero o cometido aquí vai a ser outro. O obxectivo do SEO para contido non escrito en redes sociais non é necesariamente o de ser atopado polos buscadores, mais si o de asegurarse que estamos a sacarlle todo o proveito ao contido non escrito incluído na nosa actividade en redes. Vexamos algunhas practicas recomendadas para: - Pinterest 1/ Optimizar o nome e a descrición da conta. 2/ Incluír enlaces a súa web en cada 'pin'. 3/ Usar palabras clave no texto do nome do ficheiro e texto alternativo -alt- das imaxes das que facemos 'pin'. 4/ Adicarlle un tempo a descrición de cada 'pin' e incluír palabras clave. 5/ Incorporar hashtags para amplificar o alcance social de cada 'pin'. saber máis: http://blog.hubspot.com/blog/tabid/6307/bid/34042/The-Marketer-s-Guide-to-Pinterest-SEO.aspx - Facebook Hai datos que indican que as fotos en Facebook xeran un 53% máis de 'Me gu

SEO con contidos de son

Do mesmo xeito que Google non ten ollos para ver imaxes ou vídeo, os buscadores tampouco teñen oídos para escoitar os sons. De que xeito podemos asegurarnos de que os buscadores 'escoitan' a mensaxe? Vale moito do empregado nos casos das imaxes e o vídeo: textos alternativos, títulos, descricións, transcricións, un uso de palabras chave coherente,... Con todo é bo saber algo máis si asemade perseguimos unha boa posición nos SERP de servizos coma iTunes. Algunhas ideas de como crear un podcast facilmente localizable nas SERP de iTunes ;). 1/ Poñerse no sitio dun usuario que nunca oíu falar do noso podcast pero esta a buscar un contido similar. Imaxínate que palabras empregaría na súa busca, comprobar os resultados da busca asegurándonos de até que punto son coincidentes -temática, estilo,...- cos nosos contidos. E probable que teñamos que probar máis dunha vez antes de obter resultados óptimos. 2/ Unha coidada estratexia de palabras clave é unha das partes máis importantes