Saltar ao contido principal

estás enganchado as redes sociais?

as redes sociais atrapan. son sedutoras. como non? como obviar un medio que permítenos ás persoas de todo o mundo conectarnos, compartir e colaborar entre nos, coma nunca antes na historia.

pero por esa mesma potencialidade 'universal' e capacidades 'sen límites' non é difícil que determinados usuarios sucumban a un uso excesivo, descontrolado ou se fagan adictos.

como para outras moitas cousas debemos coñecer os diferentes niveis de uso que producen satisfacción e aportan efectos positivos para a nosa actividade e relacións sociais, ou cales entran xa dentro de actitudes de dependencia ou cales significan un deterioro plausible do comportamento ou unha adicción.

como saber cando nos poñemos en situación de risco? como comprobar o meu nivel de dependencia ou adicción?

Síntoma 1: acabo en redes inda que teña outras cousas mellores ou máis importantes que facer.

Síntoma 2: o meu <em>smartphone</em> é máis social que intelixente.
(Si sales do cine cos teus fillos e o primeiro que fas é vixiar as túas contas,... ummm! Xa non digamos si es TT)*

Síntoma 3: desexo incontrolado de velos avisos inda a pesares de saber que non hai ningún.

Síntoma 4: ter máis servizos ligados entre si dos que podo abranguer.

Síntoma 5: son o primeiro da mañá e o último antes de ir a durmir cada noite.

Síntoma 6: en liña son máis social cos amigos que cando quedo con eles.

Síntoma 7: compártoo todo. Non teño perfil, teño unha exhibición pública.

... .

* adicado a Toni Canto ;)

saber máis:
http://www.makeuseof.com/tag/how-do-you-know-when-youre-overdosing-on-social-networks/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Problema correndo *AMP en Windows 7

Un erro bastante común cando instalamos un servidor de provas *AMP (wamp,xamp, uniserver, amps, easyphp,...) é atoparse co aviso de que non se atopa a libraría MSVCR110.dll, polo tanto é imposible executar o servidor de proba. Para corrixilo hai que localizar o paquete Microsoft Visual C++ 2008 SP1 Redistributable Package(x86) e o equivalente Microsoft Visual C++ 2008 SP1 Redistributable Package(x64) descargalos e instalalos no noso ordenador Con iso debería bastar

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...

Condicións das condicións de uso

Estas son condiciones de uso que se van considerar conveniente incluir na nosa tenda on-line: Información xeral da empresa e da web. Declaración de propiedade(s) e dereitos sobre os contidos que aparecen na web. Información sobre os productos que aparecen. Prezo: Que se inclue e que non. Declaración de responsabilidade sobre o stock dispoñible.  Pago. Como se fai. Información sobre a seguridade da páxina. Como se fai o pedido. Modificacións e cancelacións. Prazos e lugar de entrega. Condicións para a devolución. Garantía dos produtos. Política de privacidad de datos. LOPD/LSSI Lexislación aplicable. Reservarse sempre a posibilidad de modificar as condiciones de uso. Limitar ao máximo as posibles responsabilidades.