Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable

Condicións das condicións de uso

Estas son condiciones de uso que se van considerar conveniente incluir na nosa tenda on-line: Información xeral da empresa e da web. Declaración de propiedade(s) e dereitos sobre os contidos que aparecen na web. Información sobre os productos que aparecen. Prezo: Que se inclue e que non. Declaración de responsabilidade sobre o stock dispoñible.  Pago. Como se fai. Información sobre a seguridade da páxina. Como se fai o pedido. Modificacións e cancelacións. Prazos e lugar de entrega. Condicións para a devolución. Garantía dos produtos. Política de privacidad de datos. LOPD/LSSI Lexislación aplicable. Reservarse sempre a posibilidad de modificar as condiciones de uso. Limitar ao máximo as posibles responsabilidades.