Teño que confesalo: muito do meu interese polo cine débese aos títulos de crédito. Facendo non muito esforzo inda diría que máis dunha vez o único que me levei da sala foron os títulos de crédito. Non so falo das cabeceiras dos filmes de Bond, James Bond, -unhas mellores que outras-, falo en xeral de tódolos títulos de tódalas películas. A Pantera Rosa de Blake Edwards , o plano secuencia da pluma seguida pola paisaxe en Forrest Gump , a hipnotica musica de O terceiro home , Matrix -a primeira-, Seven -inda que logo a película non acabe de estar a altura-. Uns títulos de cabeceira poden ser mellores ou peores, pero os que son realmente bos poden ser o mellor da película. Hoxe - 8 de Maio- fai noventa e tres anos que naceu un dos culpables desta manía miña: Saul Bass . Google celébrao cun doodle ad hoc. Bass comenzou no mundo do cine co cartel de Carmen Jones de Otto Preminger . A Preminger gustoulle tanto o traballo que tamén decidiu encargarlle os títulos iniciais da película...
retallos da actividade cotián