Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta social media

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...

algunhas chaves para ter contentos aos clientes

Dar o paso cara unha estratexia de marketing on-line que implique a nosa presenza comercial nas redes sociais ten os seus riscos e obrigas. Si queremos un balance positivo vamos a ter obrigas: atención ao cliente, accións programadas de marketing que manteñan viva a nosa presenza nas redes,... E, indefectibelmente, riscos. Nas redes sociais, a nosa marca, os nosos servizos e produtos, están totalmente expostos aos eloxios tanto coma aos ataques. Os clientes están en liña - Facebook, Twitter, foros, ..-, remitindo opinións sen censura, e sen limite, e das que descoñecemos as consecuencias. Unha única mensaxe describindo unha experiencia negativa pode desatar un fluxo indesexable de comentarios, queixas máis ou menos lexitimas, ou incluso acabar con accións en masa para boicotear a marca completamente. Que podemos facer para previr catástrofes e prosperar neste entorno en liña? O primeiro e esencial: unha supervisión constante da execución do plan de acción establecido - obxectiv...