Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta SEO

Atopar o que se busca

Unha busca ou consulta nos motores coma Google, Yahoo, Bing, et atl. é un modo de recuperar información (IR). Recuperar material que satisfaga unha necesidade de información se traduce en atopar material que sexa o máis parecido posible aos términos clave indicados na consulta. A organización automática (clustering), a resposta de preguntas (question answering) e a elaboración de resumes (summarization) son as estratexias básicas do funcionamento dos coñecidos buscadores de contidos que se usan en Internet. As necesidades de información dos usuarios -consultas- e os documentos cos que se alimenta o sistema - obxectos indexados- son os elementos clave para calquera sistema de IR: coa comparación das consultas cos obxectos indexados se obteñen os obxectos recuperados que se lle presentarán ao usuario. A 'mellora' dos resultados para obter aqueles que se axusten mellor ás necesidades do usuario son o obxecto da implementación de novos recursos -algoritmos- por...

SEO de contidos non escritos nos medios sociais

Xa consideramos a optimización para imaxe, video e son de xeito individual, pero o cometido aquí vai a ser outro. O obxectivo do SEO para contido non escrito en redes sociais non é necesariamente o de ser atopado polos buscadores, mais si o de asegurarse que estamos a sacarlle todo o proveito ao contido non escrito incluído na nosa actividade en redes. Vexamos algunhas practicas recomendadas para: - Pinterest 1/ Optimizar o nome e a descrición da conta. 2/ Incluír enlaces a súa web en cada 'pin'. 3/ Usar palabras clave no texto do nome do ficheiro e texto alternativo -alt- das imaxes das que facemos 'pin'. 4/ Adicarlle un tempo a descrición de cada 'pin' e incluír palabras clave. 5/ Incorporar hashtags para amplificar o alcance social de cada 'pin'. saber máis: http://blog.hubspot.com/blog/tabid/6307/bid/34042/The-Marketer-s-Guide-to-Pinterest-SEO.aspx - Facebook Hai datos que indican que as fotos en Facebook xeran un 53% máis de 'Me gu...

SEO con contidos de son

Do mesmo xeito que Google non ten ollos para ver imaxes ou vídeo, os buscadores tampouco teñen oídos para escoitar os sons. De que xeito podemos asegurarnos de que os buscadores 'escoitan' a mensaxe? Vale moito do empregado nos casos das imaxes e o vídeo: textos alternativos, títulos, descricións, transcricións, un uso de palabras chave coherente,... Con todo é bo saber algo máis si asemade perseguimos unha boa posición nos SERP de servizos coma iTunes. Algunhas ideas de como crear un podcast facilmente localizable nas SERP de iTunes ;). 1/ Poñerse no sitio dun usuario que nunca oíu falar do noso podcast pero esta a buscar un contido similar. Imaxínate que palabras empregaría na súa busca, comprobar os resultados da busca asegurándonos de até que punto son coincidentes -temática, estilo,...- cos nosos contidos. E probable que teñamos que probar máis dunha vez antes de obter resultados óptimos. 2/ Unha coidada estratexia de palabras clave é unha das partes máis importantes...

SEO para contidos non textuais (II)

Boas prácticas para SEO con contidos en vídeo Agora que xa coñecemos os fundamentos da indexación de imaxes , vexamos como indexar vídeo. 1/ Coma no caso das imaxes usar só formatos que Google poida ler. MPG, MPEG, M4V, MOV, WMV, ASF, AVI, RA, RAM, RM, FLV ou swf. Usar segundo conveña. 2/ Gardar o vídeo cun título de palabras clave axeitadas e contextuais. 3/ Mellor sería que o SEO para vídeo encetara nas etiquetas do noso encabezado html: title, meta description e meta keywords. O título, as palabras clave e a meta descrición, todos a vez, deben axudar aos motores de busca a entender -indexar- o asunto e contido do vídeo. O título debe reflectir as palabras clave que os usuarios están a buscar, e que, por suposto, se adecúan ao contido do vídeo. Si non estás seguro de por onde encetar: usar unha ferramenta de palabras clave que permita ver as palabras e frases que a xente está usando para atopar o noso sitio. Escoller e empregar palabras clave para a meta descrición coa que p...

SEO para contidos non textuais (I)

Cando as contornas deseñadas para o marketing on-line son cada vez máis visuais: Como resolver o SEO dun sitio web así? Que se saiba Google -et alt.- inda non indexan as imaxes, videos ou son. Non sen unha pequena axuda. Boas prácticas para SEO con imaxes Está pode ser a parte máis fácil de entender. Tamén para os buscadores. 1/ Usar formatos de imaxe axeitados. Google só pode indexar imaxes dos formatos BMP, GIF, JPEG, PNG, WebP e SVG. 2/ No canto de darlle aos buscadores un nome que non ten nada que ver coa imaxe ("IMG12345.jpg"), mellor usar como nomes de imaxe palabras ou frases descritivas do que a imaxe representa. Google usa eses nomes para indexar as imaxes co que podermos conseguir que algunhas veces o nome do ficheiro apareza nunha SERP . Por exemplo "Horreo-de-dezaseis-mos-en-Lourizan-Galicia.jpg" ou "Horreo_de_dezaseis_mos_en_Lourizan_Galicia.jpg". Google entenderao mellor, tamén nos. OLLO!: Ao separar as palabras con guións Google usarao...