Saltar ao contido principal

SEO con contidos de son

Do mesmo xeito que Google non ten ollos para ver imaxes ou vídeo, os buscadores tampouco teñen oídos para escoitar os sons. De que xeito podemos asegurarnos de que os buscadores 'escoitan' a mensaxe?

Vale moito do empregado nos casos das imaxes e o vídeo: textos alternativos, títulos, descricións, transcricións, un uso de palabras chave coherente,... Con todo é bo saber algo máis si asemade perseguimos unha boa posición nos SERP de servizos coma iTunes.

Algunhas ideas de como crear un podcast facilmente localizable nas SERP de iTunes ;).

1/ Poñerse no sitio dun usuario que nunca oíu falar do noso podcast pero esta a buscar un contido similar. Imaxínate que palabras empregaría na súa busca, comprobar os resultados da busca asegurándonos de até que punto son coincidentes -temática, estilo,...- cos nosos contidos. E probable que teñamos que probar máis dunha vez antes de obter resultados óptimos.

2/ Unha coidada estratexia de palabras clave é unha das partes máis importantes no SEO dun podcast. E fundamental aplicar esta estratexia ao nomear o podcast ou escribir as descricións. Buscar palabras clave non contraditorias que describan axeitadamente o contido (keyword tool)

3) Hai unha diferenza entre os oíntes que enredan co noso podcast unha vez, e os asinantes que se inscriben para descargar automaticamente un novo episodio cando sae. Segundo as palabras clave de clasificación, iTunes favorece os podcasts con máis subscritores - unha porcentaxe máis elevada de abonados aumenta o posicionamento dentro das listas. Animar aos oíntes a subscribirse. Acumular asinantes, facendo que o rexistro sexa o máis sinxelo posible - un só un clic!-.

4) Solicitar comentarios. O iTunes tamén tende a favorecer os podcasts con máis comentarios no seu SERP. Un maior volume de comentarios soe indicar unha maior continuidade, consideración ou valor.

5) Outro factor que iTunes ten en conta cando elabora os seus SERP é a idade do podcast. Os máis antigos son máis propensos a acadar unha boa clasificación que os máis novos -pode que por confundir antigüidade con continuidade (?)- E aquí non hai moito que facer ...

6) Transcribir o contido de son a un formato escrito para axudarlle aos buscadores e oíntes a acceder ao contido. Hai unha abundancia de servizos de transcrición de son que transcriben o noso podcast por un prezo razoable.

saber máis: search-engine-optimizing-non-written-marketing-content

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...

aproveitar Linkedin ao máximo

Non todas as redes sociais son iguais. Non teñen os mesmos cometidos, nin tampouco os mesmos protocolos aceptados de participación. E tampouco o mesmo público. Cando usamos unha rede social en concreto debemos coñecer que prácticas son máis efectivas ou cales non están ben consideradas. No caso de LinkedIn un artigo publicado en www.puromarketing.com aconsella o seguinte: - LinkedIn vai cumprido de profesionalidade, se profesional Que sexa unha rede social non quere dicir que sexa Facebook. As relacións que se establecen nesta rede teñen como obxectivo prioritario facer contactos profesionais. É bo dar boa imaxe ao fin de xerar confianza e demostrar os nosos méritos. - A túa descrición será crible Unha cousa é ser orixinal, co fin de destacar, e outra ter profesións inimaxinables. - Non estás parado, senón en busca activa de emprego Nunha epoca de eufemismos... Presentarnos como profesionais independentes, amosar as actividades que estamos a facer - voluntariado, colaboracións,.....

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...