Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2014

Unha historia de froles

A camelia é orixinaría do extremo oriente, onde se extende por boa parte de China e Indochina. É durante a expansión inicial do budismo en toda esa área, cando a camelia chega a Xapón, Taiwan e outras zonas veciñas. Levadas até alí por monxes budistas como parte dos seus cultivos era xa unha pranta coa que os humans tecian unha intesa relación. Xa daquela era unha arbore sagrada: a arbore do chá, os arbustos dos que obter os brotes cos que facer o té. Conta a lenda que foi o emperador Shen Nong quen, alo polo ano 2737 a.C., descubriu o ben que sentaba un pouco de auga ferbida cos brotes daquela pranta, que por outra banda florecia cunha fermosura inigualable. Non sabemos que hai de certo nesta lenda, o que si sabemos é a longa relación que se establece entre esta planta e nos, en diferentes epocas e culturas, e que se pode documentar desde fai case 5000 anos. Ao cultivo productivo daquela medicina (kutu, chá) seguelle de sempre un cultivo paralelo máis orientado a ornamentación e ao