Saltar ao contido principal

Unha historia de froles

A camelia é orixinaría do extremo oriente, onde se extende por boa parte de China e Indochina. É durante a expansión inicial do budismo en toda esa área, cando a camelia chega a Xapón, Taiwan e outras zonas veciñas. Levadas até alí por monxes budistas como parte dos seus cultivos era xa unha pranta coa que os humans tecian unha intesa relación. Xa daquela era unha arbore sagrada: a arbore do chá, os arbustos dos que obter os brotes cos que facer o té. Conta a lenda que foi o emperador Shen Nong quen, alo polo ano 2737 a.C., descubriu o ben que sentaba un pouco de auga ferbida cos brotes daquela pranta, que por outra banda florecia cunha fermosura inigualable. Non sabemos que hai de certo nesta lenda, o que si sabemos é a longa relación que se establece entre esta planta e nos, en diferentes epocas e culturas, e que se pode documentar desde fai case 5000 anos. Ao cultivo productivo daquela medicina (kutu, chá) seguelle de sempre un cultivo paralelo máis orientado a ornamentación e ao desfrute da domesticación da planta. Ese cultivo ornamental enseguida cobra tamén a súa importancia. Xa durante a dinastía Ming a camelia será considerada como ‘a flor máis fermosa baixo os ceos’. Pero vai a ser no Xapón onde o cultivo ornamental se vai a convertir, durante seculos, nunha parte esencial da cultura diaria. De ali proveñen as especies ornamentais máis extendidas: a Camelia Japonica e a Camellia Sasanqua, das que proveñen a maioría das variedades coñecidas en Europa. Pode que por man de monxes xesuitas ou de mariñeiros protugueses ou máis probablemente como consecuencia do crecente comercio do té, a camelia comeza a penetrar en Europa na última metade do s.XVII. A primeira camelia da que se teñen referencias foi cultivada en Essex, Inglaterra, por Lord Robert Petre alo polo 1739. Sábese asemade que o seu xardineiro, James Gordon, foi o primeiro en comercializar con camelios que obtiña dun alcouvo creado por el mesmo preto de Londres. Case un seculo máis tarde o botánico sueco Carlos Linneo denomina a especie: Cammelliae; en homenaxe ao traballo realizado polo xesuita Jorge José Kamel nas Illas Filipinas, desde onde, asemade dunha importante labor humanitaria, fixera unha profusa aportación á botanica. Ao longo do s.XVIII segue o seu asentamento no vello continente e, cecais coma proba do fracaso do seu cultivo productivo, comeza a proliferar nos xardins bótanicos e facendas de burgueses e aristocratas. Os xapoeiros ou camelios de C.japonica máis vellos de Europa atópanse en Vila Nova de Gaia (Portugal), en Caserta (Italia) e no castelo de Pillnitzer(Alemaña). Todas elas plantáronse a finais do s.XVIII. Por esta época tamén e da man do crecente intercambio comercial con Oriente comezan a chegar artesanias, estampacións, tecidos, mostras de arte chines e xapones onde a camelia era a protagonista. E contodo, deseguido escomenzou a exercer o seu embruxo e a gañar terreo coma ‘fetiche’ e a estabrecerse coma icona. Tal foi así, que na década de 1840, as camelias eran toda unha moda na Gran Bretaña, Francia ou Portugal. Alexandre Dumas decide novelar a morte da cortesana Marie Duplessis en 1847, e escribe A Dama das Camelias. Verdi baseándose na obra de Dumas comporía ‘La traviata’ que antes de finais de seculo xa se representara por media Europa. É nesta época, segunda metade do s.XIX, cando consta que chegan os primeiros exemplares a Galicia. Sábese que algúns exemplares ainda vivos do parque de Castrelos, en Vigo; trouxeronse do alcouvo de José Márques Loreiro en Oporto, arredor de 1860. Os exemplares máis antiguos qué, inda hoxe, adornan os xardins de pazos coma os de Figueroa, Torre da Lama, Sta. Cruz de Rivadulla ou de Oca son case todos desta época. No Pazo de Oca hai un exemplar de “Camellia reticulata” que alcanza os 15 metros, e cóntase entre os máis lonxevos de Europa. Tamén desa época se conserva un magnifico xapoeiro (Camellia japonica) no xardín inglés de buxos do Pazo Quiñones de León (Castrelos, Vigo). Autores coma Rosalía, Curros Enríquez, Pondal, Pardo-Bazán, Fernández Flórez mencionan á camelia nas súas obras. Pero é Cunqueiro o que lle adica unha atención máis interesada con articulos, poemas e opusculos varios. Unha das razóns desta interese é que, durante a súa época coma director de Faro de Vigo (novembro 1964-xuño 1970), asistiu o nacemento do primeiro Concurso Exposición Nacional da Camelia (febreiro 1965). Ao ano seguinte o concurso convertese na Exposición Internacional de la Camelia que se celebra dende aquela, ininterrumpidamente, alternado a súa sede entre Vigo, Pontevedra e Vilagarcia de Arousa. Cultivadores e aficionados acuden todolos años a participar e a admirar as últimas novedades cultivadas na nosa terra. Durante o século s.XIX e principios do s.XX, a camelia unicamente a cultivaban a nobreza e burguesía galegas, xa que daquela este xénero era considerado unha planta exótica e polo tanto cara e dificil de adquirir. Non será ata mediados do s.XX cando o cultivo da camelia comeza a extenderse por tódolos xardins da provincia de Pontevedra. E chega aos parques públicos, as prazas e as avenidas (Avenida das Camelias, Vigo). “….se ha probado en la boa vila de Pontevedra el día 26 de febrero de 1965-. Que los gallegos de las Rías Bajas, los de Tuy y los del valle del Rosal, y otros con huertos recoletos en antiguas ciudades o en parques de pazos dieciochescos, tenían un amor oculto: la camelia” (Cunqueiro, 1980) Hoxe en día a camelia estudase coma fonte natural e sostible de recursos con viavilidade comercial: producción froral, aceites esenciais, chás,… Rosa do Xapón, rosa de inverno, a flor máis fermosa baixo o ceo, flor das Rías Baixas, flor oficial do estado de Alabama, icono comercial de Chanel, mai do chá,… o xapoeiro é unha arboré milenaria que quere seguir a compartir moitos anos entre nos. Tan discreta que case ningunha variante desprende aroma pero inmutable, lonxeva e fermosa que a case nadie deixa indiferente.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Seguridade de Redes e Sistemas

  Estas son algunhas url que recopilei perante o curso de Técnico en Seguridade de Redes e Sistemas,  verán de 2009.  > Posiblemente conten información  desactualizada. URLs de consulta http://www.baxware.com/ http://www.sectools.com/ LINUX Redes linux   Microsoft Máquinas Virtuales: Virtualización Virtualización x86 Virtualización   TechNet Magazine: Group Policy /Directivas de grupo Group Policy: TechNet Magazine Arti... Plantillas ADM y ADMX  Group Policy. FAQs Optimización del rendimiento de directiva de grupo Consola de administración de directivas de grupo.   Scripting: Script Center Microsoft   Active Directory: Novedades en Servicios de dominio de Active Directory GPO/ADMX Políticas de grupo(GPOs) y ADMX en Windows Server 2008 Getting Started: AD DS Create a PSO   Auditorias Auditorías   Redes Protocolos CSMA/CD Frame_Relay WLAN#Principios_de_las_redes_WLAN RDSI#La_interfaz_del_usuario Modelo_OSI Broadcast  *********...

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...

Atopar o que se busca

Unha busca ou consulta nos motores coma Google, Yahoo, Bing, et atl. é un modo de recuperar información (IR). Recuperar material que satisfaga unha necesidade de información se traduce en atopar material que sexa o máis parecido posible aos términos clave indicados na consulta. A organización automática (clustering), a resposta de preguntas (question answering) e a elaboración de resumes (summarization) son as estratexias básicas do funcionamento dos coñecidos buscadores de contidos que se usan en Internet. As necesidades de información dos usuarios -consultas- e os documentos cos que se alimenta o sistema - obxectos indexados- son os elementos clave para calquera sistema de IR: coa comparación das consultas cos obxectos indexados se obteñen os obxectos recuperados que se lle presentarán ao usuario. A 'mellora' dos resultados para obter aqueles que se axusten mellor ás necesidades do usuario son o obxecto da implementación de novos recursos -algoritmos- por...