Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2015

Atopar o que se busca

Unha busca ou consulta nos motores coma Google, Yahoo, Bing, et atl. é un modo de recuperar información (IR). Recuperar material que satisfaga unha necesidade de información se traduce en atopar material que sexa o máis parecido posible aos términos clave indicados na consulta. A organización automática (clustering), a resposta de preguntas (question answering) e a elaboración de resumes (summarization) son as estratexias básicas do funcionamento dos coñecidos buscadores de contidos que se usan en Internet. As necesidades de información dos usuarios -consultas- e os documentos cos que se alimenta o sistema - obxectos indexados- son os elementos clave para calquera sistema de IR: coa comparación das consultas cos obxectos indexados se obteñen os obxectos recuperados que se lle presentarán ao usuario. A 'mellora' dos resultados para obter aqueles que se axusten mellor ás necesidades do usuario son o obxecto da implementación de novos recursos -algoritmos- por