Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta historia

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...

Saul Bass

Teño que confesalo: muito do meu interese polo cine débese aos títulos de crédito. Facendo non muito esforzo inda diría que máis dunha vez o único que me levei da sala foron os títulos de crédito. Non so falo das cabeceiras dos filmes de Bond, James Bond, -unhas mellores que outras-, falo en xeral de tódolos títulos de tódalas películas. A Pantera Rosa de Blake Edwards , o plano secuencia da pluma seguida pola paisaxe en Forrest Gump , a hipnotica musica de O terceiro home , Matrix -a primeira-, Seven -inda que logo a película non acabe de estar a altura-. Uns títulos de cabeceira poden ser mellores ou peores, pero os que son realmente bos poden ser o mellor da película. Hoxe - 8 de Maio- fai noventa e tres anos que naceu un dos culpables desta manía miña: Saul Bass . Google celébrao cun doodle ad hoc. Bass comenzou no mundo do cine co cartel de Carmen Jones de Otto Preminger . A Preminger gustoulle tanto o traballo que tamén decidiu encargarlle os títulos iniciais da película...