Saltar ao contido principal

Saul Bass

Teño que confesalo: muito do meu interese polo cine débese aos títulos de crédito. Facendo non muito esforzo inda diría que máis dunha vez o único que me levei da sala foron os títulos de crédito. Non so falo das cabeceiras dos filmes de Bond, James Bond, -unhas mellores que outras-, falo en xeral de tódolos títulos de tódalas películas.

A Pantera Rosa de Blake Edwards, o plano secuencia da pluma seguida pola paisaxe en Forrest Gump, a hipnotica musica de O terceiro home, Matrix -a primeira-, Seven -inda que logo a película non acabe de estar a altura-. Uns títulos de cabeceira poden ser mellores ou peores, pero os que son realmente bos poden ser o mellor da película.

Hoxe - 8 de Maio- fai noventa e tres anos que naceu un dos culpables desta manía miña: Saul Bass. Google celébrao cun doodle ad hoc.

Bass comenzou no mundo do cine co cartel de Carmen Jones de Otto Preminger.



A Preminger gustoulle tanto o traballo que tamén decidiu encargarlle os títulos iniciais da película. Logo serían B. Wilder (A Tentación Vive Arriba), R. Aldrich, Martin Scorsese ou Alfred Hitchcock, ... .

Saul Bass revolucionou o concepto e a forma deses catro minutos iniciais. Del son cabeceiras como Anatomía dun asesinato, Vértigo, Grand Prix, Ocean´s Eleven (a orixinal), Psicosis, The Man with the Golden Arm , e a dunha das miñas películas favoritas de tódolos tempos: North by Northwest (traducido ao español, o titulo, quedou coma o dun western: Con la muerte en los talones, ou coma o dun thriller de serie B co, tampouco afortunado, de Intriga internacional)..

Pero diso xa falarei outro día...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...

aproveitar Linkedin ao máximo

Non todas as redes sociais son iguais. Non teñen os mesmos cometidos, nin tampouco os mesmos protocolos aceptados de participación. E tampouco o mesmo público. Cando usamos unha rede social en concreto debemos coñecer que prácticas son máis efectivas ou cales non están ben consideradas. No caso de LinkedIn un artigo publicado en www.puromarketing.com aconsella o seguinte: - LinkedIn vai cumprido de profesionalidade, se profesional Que sexa unha rede social non quere dicir que sexa Facebook. As relacións que se establecen nesta rede teñen como obxectivo prioritario facer contactos profesionais. É bo dar boa imaxe ao fin de xerar confianza e demostrar os nosos méritos. - A túa descrición será crible Unha cousa é ser orixinal, co fin de destacar, e outra ter profesións inimaxinables. - Non estás parado, senón en busca activa de emprego Nunha epoca de eufemismos... Presentarnos como profesionais independentes, amosar as actividades que estamos a facer - voluntariado, colaboracións,.....

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...