Saltar ao contido principal

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios 1 de maior efectividade.

Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados.

Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable dentro das axendas da diversión en liña para 'entendidos' ou 'iniciados' - Geeky Fun-. Ou inda dentro dos muros sociais de todo tipo de usuarios da ampla 'cultura en liña'.

Algúns memes chegan a converterse en personaxes moi queridos entre as comunidades en liña de todo o mundo: é dende logo un dos fenómenos máis entrañables desa sección indeterminada da cultura en liña que son as 'entornas dos entendidos'. Pero, que é o que os fai tan divertidos e alimenta a súa proliferación?

Sen dubida hai unha definición de humor apta para cada medio: humor gráfico, humor escénico, humor cinematográfico,... e porque non tamén humor en liña. O humor en rede é sen dubida un hibrido que recorre a tódolos modos de humor que puideran provir doutros eidos -cómic, cine, teatro, prensa,...-

Un meme na Internet pode ser tan simple como unha imaxe cunha lenda. Unha simple viñeta ou unha instantánea fotográfica comentada. Outros exemplos poden ser parágrafos simples de texto, sitios web, fotos, vídeos,... a lista é tan extensa coma os multiformatos propagábeis pola rede.

O que debe permanecer estable entre as diferentes versións é o concepto. E vai ser esa estabilidade a que, unha vez que comeza a súa propagación por medio das variacións ou copias, a que vaille a dar formato e carácter á unha moda para convertela nun meme. Concepto e popularidade son por tanto os seus piares fundamentais para contar de feito como unha parte da cultura de Internet; e para que un caso pase a ser considerado meme.

A orixe exacta do meme en Internet é tan imprecisa coma a orixe da caricatura, a comedia ou do humor en xeral. O que si sabemos é onde é máis fácil ou habitual descubrilos. Moitos taboleiros de publicación de imaxes ou taboleiros de mensaxeria en Internet actuan como incubadoras para os novos memes. A infame (queda avisado!) 4chan, a web británica b3ta ou a "armada da bobería" de SomethingAwful son so algúns exemplos da extensión do fenómeno.

Un dos modismos máis recoñecibles dos últimos anos (e que finalmente entrou no mainstream) son os 'gatiños da risa' -LOLCats-, que amosaban gatos e gatiños suaves e fermosos acompañados de comentarios con mala gramática e peor ortografía. Este meme, orixinado fai xa anos no portal 4chan, comenzou a propagarse principalmente os sábados -demasiado internauta ocioso!-. Cun referente claro a un famoso póster dos anos 70 foi medrando sen control ate dar pe aos 'Caturdays' e logo seguiu popularizándose ate diluírse na aceptación case xeneralizada, e inda hoxe segue a propagarse, clonarse e re-inventarse en calquera parte da rede e por calquera tipo de usuario.

Inda que o meme é fundamentalmente un acontecemento espontáneo que por aceptación e imitación vai medrando entre os mais variados grupos de usuarios, hai claras evidencias de empresas especialmente adicadas ao meme en Internet coma unha forma de marketing viral. Unha forma de entender que todo en Internet é ouro e que moitas compañías aproveitan no intento de rendabilizar calquera cousa inda o insulto ou os comentarios totalmente ridiculizantes. Coma no caso que saudou o lanzamento de "Snakes on a Plane" no ano 2006:
O filme gañou unha cantidade considerable de atención antes do seu lanzamento, conseguindo un grande numero de 'fans en liña' ate converterse nun fenómeno de Internet, debido ao título, o argumento e aos protagonistas. Foi tanta a repercusión -non precisamente positiva!- que os produtores non dubidaron en engadir cinco días máis ao rodaxe e en incorporar algúns dos 'comentarios', delirios e chacotas que ian aparecendo, na súa produción. Todo con tal de aproveitar esa corrente de marketing gratuíto 2.

Moitos vídeos que teñen alcanzado estado de culto (e, polo tanto, son agora considerados memes de propio dereito) xeraron unha serie de "famosos de Internet" (dito isto de xeito moi amplo). Moito do material 'clásico' de YouTube, vídeos con centos de miles e incluso millóns de reproducións, son de seu meme; e, non precisamente pola súa calidade de realización ou contidos.

Agora que a Internet xa ten unha idade, hai unha cantidade crecente de bromas que o acompañan e memes que o habitan, creando en si unha nova categoría da comedia.

KnowYourMeme é o sitio a visitar para coñecer unha breve historia sobre o tema.

E sempre se pode participar e contribuír á crecente colección web de memes. A maioría son creados en programas de edición de imaxe como Photoshop, GIMP ou Paint (moitas veces intencionalmente Paint!).

E existen tamén algúns sitios que axudan a fabricar o noso meme particular sen moito esforzo, eliminando a necesidade da edición de imaxe e acelerando o proceso. MemeGenerator ou Motivator, son algúns destes portais.

Os modismos culturais aparecen a cada intre, inda que algúns só funcionen en Internet. Sorprende a grande cantidade de traballo e horas/home que son aportadas colectivamente a unha infinidade de conceptos, bromas e personaxes que son agora considerados o pan e a manteiga da comedia en Internet.

Inda tendo en conta que non todo e freba nin todo touciño non cabe dubida de que as bromas -ousadas algunhas, algunhas potencialmente ofensivas ou tamén outras carentes de calquera senso- son parte do discurso máis desatendido e popular da rede Internet e sempre podemos topar algunha a medida coa que botar unhas risas. Iso si:
Está disposto a admitir cal é a que lle fai graza?
E isto cultura ou simplemente lixo sen máis?

Déixenos saber o que pensa nos comentarios.


NOTAS e COMENTARIOS DA TRADUCIÓN

1 A propaganda e o evanxelismo son consubstanciais ao medio. Nada en Internet é inocuo, nada é o suficientemente inútil como para ser obviado e non ter un segundo -terceiro, cuarto,...- uso(s). Unha corrente viral pode ser froito dunha casualidade pero tamén ser aproveitada para rendabilizar a súa 'extensión' medial en imaxe identitaria, de xeito pecuniario, ou de calquera outro xeito que se queira. Un dos xeitos máis estendidos é o beneficio económico - non importa o que, importa onde e como un asunto pode abrir canles de ingresos monetarios-. O manexo da información por parte das compañías adicadas a rendabilizar os espazos publicitarios do medio aproveitan calquera vector de entrada de usuarios potencialmente clientelábeis sen apenas poñer ningún filtro ético, estético,... ou moral.

2 O film, de escaso valor todo hai que dicilo, duplicou en billetaría o capital invertido e acadou unha recadación de 60 millóns de dólares.

(Tradución imprecisa do artigo de Tim Brookes para makeuseof.com 'A Brief Overview of Internet Memes & How You Can Quickly Create Your Own' publicado o 1º de Decembro de 2010 en http://www.makeuseof.com/tag/overview-Internet-memes-quickly-create/)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

a voltas co deseño web responsivo

O deseño web responsivo implica cambios no proceso de deseño. E unha forma diferente de pensar. Antes de deseñar unha paxina web convén saber -entre outras cousas- como vai a ser o usuario tipo e con que navegador e dispositivo vai a acceder aos contidos. Coas medidas fixadas en píxels, polos parecidos co deseño gráfico plano da publicación impresa, pódese crear un ámbito fácil de comprender e ao que os deseñadores se adaptaron sen problema. Pero impor agora esas restricións do papel e as súas medidas fixas ao deseño web non vai a ser unha solución perdurable. Os modelos flexibles ou fluídos, capaces de adaptarse ao espazo de mostra do dispositivo coa mínima intervención dunha programación especifica, parecen unha alternativa xa consolidada. O desenvolvedor web ten que experimentar e investigar coas técnicas de deseño antes de tentar o deseño -responsivo!- final. O máis axeitado é comenzar polo sinxelo: crear un modelo áxil, adaptable e fluído para mó

social media manager/community manager

Cando unha empresa conta con aproveitar as redes sociais como unha ferramenta das súas estratexias de mercado e se propón obter/contratar os servizos dun especialista debería coñecer a sútil pero evidente diferenza que, -tamén segundo Wikipedia ;)-, existe entre o social media manager (xestor de medios sociais) e o community manager (xestor da comunidade). Ámbolos dous son os responsables de deseñar, soster, incrementar e atender as relacións da empresa cos clientes no ámbito dixital. O xestor de medios sociais deseña estratexías, analiza/interpreta resultados e actua na consecución de obxectivos. A principal diferenza co community manager é que este é quen executa a estratexia deseñada polo social media manager. Ao primeiro se lle supoñen cualidades de planificación estratéxica de medios, planificación de obxectivos, prospectiva avaliable, xestión de provedores,... O community manager ten de ser un avezado especialista en comunicación social que saiba trasladar a(s) rede(s) a est

aproveitar Linkedin ao máximo

Non todas as redes sociais son iguais. Non teñen os mesmos cometidos, nin tampouco os mesmos protocolos aceptados de participación. E tampouco o mesmo público. Cando usamos unha rede social en concreto debemos coñecer que prácticas son máis efectivas ou cales non están ben consideradas. No caso de LinkedIn un artigo publicado en www.puromarketing.com aconsella o seguinte: - LinkedIn vai cumprido de profesionalidade, se profesional Que sexa unha rede social non quere dicir que sexa Facebook. As relacións que se establecen nesta rede teñen como obxectivo prioritario facer contactos profesionais. É bo dar boa imaxe ao fin de xerar confianza e demostrar os nosos méritos. - A túa descrición será crible Unha cousa é ser orixinal, co fin de destacar, e outra ter profesións inimaxinables. - Non estás parado, senón en busca activa de emprego Nunha epoca de eufemismos... Presentarnos como profesionais independentes, amosar as actividades que estamos a facer - voluntariado, colaboracións,..