Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2015

Como resolver o conflicto no uso dos portos 80 e 443 entre Apache(Xampp, Wamp,..) e Skype

Poderíamos desconectar Skype e asi Apache podería acceder ao porto 80. Pero iso non é unha solución. Asi que o que nos queda é acceder á configuración de Apache e facer algúns cambios: Desde o Panel de Dontrol de XAMPP, no apartado a prol Apache, premer o botón Config... ..., e seleccionar Apache (httpd.conf). No arquivo httpd.conf, buscar a liña que indica o porto que está a usar Apache por defecto Listen 80 E modificala cambiando 80 por o numero/porto que queiramos. Por exemplo: 8080. Listen 8080 Inda dentro do arquivo httpd.conf deberemos atopar ServerName localhost:80 E modificarémolo ao noso xeito, cambiando 80 por 8080. ServerName localhost:8080 Gardar as modificacións ao arquivo httpd.conf A seguir, volvemos a Panel de Control e vamos de novo ao botón Config de Apache e no despregable escollemos o arquivo httpd-ssl.conf Dentro do arquivo httpd-ssl.conf localizaremos a liña que di Listen 443 E modificámola cambiando 443 por o numero/porto que queiramos. Eu us