Saltar ao contido principal

SEO para contidos non textuais (I)

Cando as contornas deseñadas para o marketing on-line son cada vez máis visuais: Como resolver o SEO dun sitio web así? Que se saiba Google -et alt.- inda non indexan as imaxes, videos ou son. Non sen unha pequena axuda.

Boas prácticas para SEO con imaxes

Está pode ser a parte máis fácil de entender. Tamén para os buscadores.

1/ Usar formatos de imaxe axeitados. Google só pode indexar imaxes dos formatos BMP, GIF, JPEG, PNG, WebP e SVG.

2/ No canto de darlle aos buscadores un nome que non ten nada que ver coa imaxe ("IMG12345.jpg"), mellor usar como nomes de imaxe palabras ou frases descritivas do que a imaxe representa. Google usa eses nomes para indexar as imaxes co que podermos conseguir que algunhas veces o nome do ficheiro apareza nunha SERP. Por exemplo "Horreo-de-dezaseis-mos-en-Lourizan-Galicia.jpg" ou "Horreo_de_dezaseis_mos_en_Lourizan_Galicia.jpg". Google entenderao mellor, tamén nos.
OLLO!: Ao separar as palabras con guións Google usaraos como separadores de palabras, mentres que os subliñados ou guións baixos serviranlle para facer unha busca de combinados de palabra ou frase. Evidentemente os resultados da busca van a ser diferentes en cada caso.

3/ O texto alt dunha imaxe non só axuda aos motores de busca, tamén contribúe a usabilidade do sitio e a súa accesibilidade para usuarios que non poden ver a imaxe. Hai que ser o máis descritivo posible co texto alt ... pero sen ser excesivo. Algúns exemplos:
O peor: alt = ""
O mellor: alt = "horreo"
Aceptábel: alt = "horreo dezaseis mos"
Evitar: alt = "horreo arquitectura popular dezaseis mos Lourizán Galicia"

4/ A imaxe non vive separada do resto do contido da paxina. Podemos axudar aos motores de busca a ter unha visión mellor da ordenación dos contidos facendo referencia á unha imaxe no contido escrito da paxina. E inda mellor se usamos as mesmas palabras clave do nome do ficheiro ou do texto alternativo (alt=).
P.ex.: "Como se ve na foto, en Galicia atopamos magníficos exemplos de arquitectura popular coma o hórreo de dezaseis mos de Lourizan...."

5/ Enviar un mapa do sitio a Google Webmaster engadindo etiquetas específicas de imaxe no noso arquivo XML.

(cont.)

saber máis: search-engine-optimizing-non-written-marketing-content

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...

aproveitar Linkedin ao máximo

Non todas as redes sociais son iguais. Non teñen os mesmos cometidos, nin tampouco os mesmos protocolos aceptados de participación. E tampouco o mesmo público. Cando usamos unha rede social en concreto debemos coñecer que prácticas son máis efectivas ou cales non están ben consideradas. No caso de LinkedIn un artigo publicado en www.puromarketing.com aconsella o seguinte: - LinkedIn vai cumprido de profesionalidade, se profesional Que sexa unha rede social non quere dicir que sexa Facebook. As relacións que se establecen nesta rede teñen como obxectivo prioritario facer contactos profesionais. É bo dar boa imaxe ao fin de xerar confianza e demostrar os nosos méritos. - A túa descrición será crible Unha cousa é ser orixinal, co fin de destacar, e outra ter profesións inimaxinables. - Non estás parado, senón en busca activa de emprego Nunha epoca de eufemismos... Presentarnos como profesionais independentes, amosar as actividades que estamos a facer - voluntariado, colaboracións,.....

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...