Saltar ao contido principal

presenza web garantida

Na web a duración é tan escasa case como a fiabilidade. Esa é a crenza común, asociada comunmente a empresas que teñen o mal habito de reter claves, información sensible e incluso practican o secuestro dos dominios dos seus clientes. Evidentemente ese é un dano que afecta a todo o sector, así que non é infrecuente que moitas empresas mostren receo e inda rechazo fronte aos provedores de servizos na web.

Tampouco é estraño que o noso provedor poida quebrar dandonos moi pouca marxe de reacción para fornecernos con outro servizo.

Tamén pode ocorrer que a xerencia dunha empresa pase por alto a importancia dos servizos que oferta e dependen case exclusivamente da integridade da súa presenza on-line, até que non se enfronta a algún dos posibles problemas que acabamos de comentar.

Por iso é importante ter presente algunhas regras que nos axuden a xestionar sen demasiados sustos a nosa presenza na web.

Como escoller un servizo profesional con garantías? Non hai regras, pero si evidencias -portafol, traballos de referencia, reputación, ...- e sobre todo unha transparencia e ética profesional manifesta no trato.

De calquera xeito e seleccionado o noso profesional non esquecer que:

1. Mellor si a xestión do dominio por parte do noso provedor de servizos é transparente: o dominio contratase na nosa 'presenza', ao noso nome, e temos - e conservamos no tempo- total control sobre esta propiedade.

2. Manter un ficheiro con claves de acceso, conservar permisos totais de acceso FTP, acceso ao panel de xestión do dominio,... inda que non os usemos persoalmente nunca, que si poidamos cambiar de provedor cando o consideremos necesario.
Os permisos FTP permiten acceder ao código do sitio. Se deixamos de estar a gusto, podemos baixar todos os arquivos que conforman o noso site e ir atopar un provedor distinto.

3. En todo momento temos que poder facer unha copia de seguridade completa de tódolos ficheiros e das bases de datos e levar todo a outro servidor. Polo xeral os provedores de aloxamento tamén ofrecen unha panel de control -cPanel,...- desde onde acceder á configuración das contas de correo electrónico, facer copias de seguridade e -o máis importante!- manexar as nosas bases de datos.

4. Usar un sistema de xestión de contidos (CMS) de código aberto.
Os sistemas propietarios son creados por unha empresa web que polo xeral conserva un maior grado de exclusivismo no seu produto. Se decidimos buscar outro provedor, deseñador, social media manager ou SEO podémonos atopar con muitos problemas: estrutura de programación, acceso a código, escalabilidade, personalización gráfica,... que nos obrigarían a manter un determinado provedor ou a ter que reconstruír o sitio web a partir de cero cada vez que quixeramos p.ex. que un novo creativo se figa cargo do deseño da interface do noso portal.
Usar un sistema de código aberto como WordPress, Joomla, Drupal para web personal, empresarial ou corporativa; ou Prestashop, Magento para e-commerce.

Estas son so algunhas premisas esenciais para todo profesional ou empresa que quere ter a súa presenza web garantida e sen expoñerse a demasiados sustos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...

aproveitar Linkedin ao máximo

Non todas as redes sociais son iguais. Non teñen os mesmos cometidos, nin tampouco os mesmos protocolos aceptados de participación. E tampouco o mesmo público. Cando usamos unha rede social en concreto debemos coñecer que prácticas son máis efectivas ou cales non están ben consideradas. No caso de LinkedIn un artigo publicado en www.puromarketing.com aconsella o seguinte: - LinkedIn vai cumprido de profesionalidade, se profesional Que sexa unha rede social non quere dicir que sexa Facebook. As relacións que se establecen nesta rede teñen como obxectivo prioritario facer contactos profesionais. É bo dar boa imaxe ao fin de xerar confianza e demostrar os nosos méritos. - A túa descrición será crible Unha cousa é ser orixinal, co fin de destacar, e outra ter profesións inimaxinables. - Non estás parado, senón en busca activa de emprego Nunha epoca de eufemismos... Presentarnos como profesionais independentes, amosar as actividades que estamos a facer - voluntariado, colaboracións,.....

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...