Saltar ao contido principal

paxina en construcción

Estamos mejorando nuestra web!
Que?
Ou non!
Ou... non!
Outra vez as voltas con esa web a medias, sempre inoportuna que decepciona máis que informa. Pódese tolerar un 404 máis menos amigable, un sitio oportuno para o chiste, o experimento ou a broma. Até un 501 se pode soportar... Pero si hai algo máis decepciónante que a paxina lixo que ocupa un dominio abandonado e a típica pantalla -inútil por que non te leva a ningures nin ofrece servizo algún- que pretende facer da súa inconsistencia un favor ofrecido ao usuario:

"En este momento estamos haciendo algunas mejoras en la web que nos imposibilitan estar online."

Vaia! que melloras son esas que fan que a súa web este con esa mensaxe tan decepciónante e -vou a dicilo inda que alguén se ofenda: síntoo!- tan pouco profesional durante... o último mes(?).

Cando atopo unha paxina así lémbrome do dito ese de que cando teñas que fabricar unha astronave mellor que o fagas por duplicado. No caso de que se producira unha incidencia durante a viaxe ao espazo, terías unha replica exacta sobre a que operar os ensaios e protocolos que darían a posibilidade de salvar a toda a tripulación.

Logo, sen pensalo ren esquézome de volver a esa url por moito, moito tempo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...

aproveitar Linkedin ao máximo

Non todas as redes sociais son iguais. Non teñen os mesmos cometidos, nin tampouco os mesmos protocolos aceptados de participación. E tampouco o mesmo público. Cando usamos unha rede social en concreto debemos coñecer que prácticas son máis efectivas ou cales non están ben consideradas. No caso de LinkedIn un artigo publicado en www.puromarketing.com aconsella o seguinte: - LinkedIn vai cumprido de profesionalidade, se profesional Que sexa unha rede social non quere dicir que sexa Facebook. As relacións que se establecen nesta rede teñen como obxectivo prioritario facer contactos profesionais. É bo dar boa imaxe ao fin de xerar confianza e demostrar os nosos méritos. - A túa descrición será crible Unha cousa é ser orixinal, co fin de destacar, e outra ter profesións inimaxinables. - Non estás parado, senón en busca activa de emprego Nunha epoca de eufemismos... Presentarnos como profesionais independentes, amosar as actividades que estamos a facer - voluntariado, colaboracións,.....

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...