Saltar ao contido principal

social media manager/community manager

Cando unha empresa conta con aproveitar as redes sociais como unha ferramenta das súas estratexias de mercado e se propón obter/contratar os servizos dun especialista debería coñecer a sútil pero evidente diferenza que, -tamén segundo Wikipedia ;)-, existe entre o social media manager (xestor de medios sociais) e o community manager (xestor da comunidade).

Ámbolos dous son os responsables de deseñar, soster, incrementar e atender as relacións da empresa cos clientes no ámbito dixital.

O xestor de medios sociais deseña estratexías, analiza/interpreta resultados e actua na consecución de obxectivos.

A principal diferenza co community manager é que este é quen executa a estratexia deseñada polo social media manager.

Ao primeiro se lle supoñen cualidades de planificación estratéxica de medios, planificación de obxectivos, prospectiva avaliable, xestión de provedores,...

O community manager ten de ser un avezado especialista en comunicación social que saiba trasladar a(s) rede(s) a estratexia deseñada polo xestor de medios sociais. Debe coñecer o medio, ter capacidades creativas e saber programación web.

Un decide como se vai e a onde, o outro encárgase de ir abrindo camiño.

Claro que tamén queda a opción de 'faino ti mesmo'!

(cont.)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...

aproveitar Linkedin ao máximo

Non todas as redes sociais son iguais. Non teñen os mesmos cometidos, nin tampouco os mesmos protocolos aceptados de participación. E tampouco o mesmo público. Cando usamos unha rede social en concreto debemos coñecer que prácticas son máis efectivas ou cales non están ben consideradas. No caso de LinkedIn un artigo publicado en www.puromarketing.com aconsella o seguinte: - LinkedIn vai cumprido de profesionalidade, se profesional Que sexa unha rede social non quere dicir que sexa Facebook. As relacións que se establecen nesta rede teñen como obxectivo prioritario facer contactos profesionais. É bo dar boa imaxe ao fin de xerar confianza e demostrar os nosos méritos. - A túa descrición será crible Unha cousa é ser orixinal, co fin de destacar, e outra ter profesións inimaxinables. - Non estás parado, senón en busca activa de emprego Nunha epoca de eufemismos... Presentarnos como profesionais independentes, amosar as actividades que estamos a facer - voluntariado, colaboracións,.....

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...