Saltar ao contido principal

arqueoloxía de Internet

Por cada novo sitio, por cada nova web, blog, tenda virtual, por cada un dos perfiles aberto en cada unha das redes sociais, existen outros tantos tropezos, abandonos, cansazos e renuncias. A "main street" da mega-cidade que é Internet parece estar sempre chea de novidades e estreas, pero tamén de portais pechados, paneis publicitarios e paredes onde se acumulan os anacos e esconchados dunha actividade suspendida no tempo.

Cando realizas unha busca, ninguén te garante que as últimas respostas-aportacións-datos a prol do asunto sexan os mellores, os máis axeitados e fiables. Como tampouco nadie garante que unha resposta-aportación-dato encol dun asunto sexa inútil por que ten máis de medio mes publicado na web. O usuario asume a obriga de ser quen, coa súa decisión-selección-elección confira o valor final de algo na rede. Ese é o xogo. E moito da loxica viral coa que se producen as ondas de opinón-distribución-éxito que nos atopamos cada día.

Internet é a rúa principal e nesa rúa conviven os escaparates e neons (mellor leds?) máis relucentes e actuais e os contedores de lixo, as papeleiras, e as cabichas, as gomas de mascar pegadas ao chan, os papeis sen dono, as bolsas de plástico, os viandantes, paseantes, 'curritos' que teñen aló o seu choio, miróns, bloggers subidos aos seus caixóns de categorías e tag-clouds(nubes de etiquetas) . É a rúa principal, pero o servizo de limpeza non esta instaurado -Google mediante!-.

Eu son dos que opino que é moito mellor así.

A pesares de que a World Wide Web (WWW, ou "a Web") tal e como a coñecemos foi desenrolada inicialmente por Tim Berners Lee en 1989, dende aquela xa se produciron un enorme numero de mudas nos usos e comportamentos dos usuarios, programadores e editores... Levaríanos tempo saber a quen poñer primeiro como detonante dos cambios.

saber máis:
Internet Archaeology: Behold the Most Hilarious Abandoned Websites
Internet Society
http://www.internetarchaeology.org/

Comentarios