Boas prácticas para SEO con contidos en vídeo Agora que xa coñecemos os fundamentos da indexación de imaxes , vexamos como indexar vídeo. 1/ Coma no caso das imaxes usar só formatos que Google poida ler. MPG, MPEG, M4V, MOV, WMV, ASF, AVI, RA, RAM, RM, FLV ou swf. Usar segundo conveña. 2/ Gardar o vídeo cun título de palabras clave axeitadas e contextuais. 3/ Mellor sería que o SEO para vídeo encetara nas etiquetas do noso encabezado html: title, meta description e meta keywords. O título, as palabras clave e a meta descrición, todos a vez, deben axudar aos motores de busca a entender -indexar- o asunto e contido do vídeo. O título debe reflectir as palabras clave que os usuarios están a buscar, e que, por suposto, se adecúan ao contido do vídeo. Si non estás seguro de por onde encetar: usar unha ferramenta de palabras clave que permita ver as palabras e frases que a xente está usando para atopar o noso sitio. Escoller e empregar palabras clave para a meta descrición coa que p...
retallos da actividade cotián