Saltar ao contido principal

técnicas para mellorar a vida dun deseñador/desenrolador

algunhas cousas que me axudan a ser deseñador web:

- Ferramentas que simplifiquen as tarefas máis fatigosas ou repetitivas dalgunha das facetas da actividade diaria: Lectores RSS para acceder a contidos de xeito dinámico, filtros de correo para simplificar a clasificación, xestores de actividade en redes sociais, enlaces a recursos on-line, xestores to-do list, axenda, calendario, recursos na nube, ...

- Repertorio de fontes, iconas, referencias gráficas... biblioteca coas fontes, imaxes, plantillas,... as que compro e tamén os gratuítos que poidan facilitarme o traballo. [Ollo coa síndrome do Dióxenes dixital -agora que xa conseguimos arredar os CDs enchidos de datos de antigos traballos, perlas, ebooks que nunca leremos, etc. e o ultimo tera-disco inda conserva un espazo razoable de almacenamento....]. Unha estratexia actualizada de clasificación, etiquetado, marcadores,... Tamén emprego recursos en liña coma Pinterest, tumblr, Picasa, Flickr, ... para crear repertorios ou queixons de xastre con referencias, tormentas de ideas ou inspiración.

- Traballar sempre baixo un horario. Non pode ser que non se che ocorran ideas ou solucións xusto na franxa de 9:00 a 17:00. Controlar as pautas de análise e resolución de problemas que me resultan máis cómodas, atopar as horas máis axeitadas para certas tarefas - contacto con provedores, chamadas a clientes, ...-, programar todo con suficiente antelación,...

- Manexar código HTML e CSS, e tamén algún coñecemento -PHP, MySQL, jQuery,...- que me axude a falar cos programadores sabendo que podo esperar e obter da súa colaboración.

- Adicarlle tempo a coñecer novas tendencias, experimentar e revisar exemplos prácticos, consultar blogs, e-zines, ...

- Idear estruturas básicas cos detalles fundamentais que sirvan de arranque a diferentes proxectos (plantillas html, follas de estilo de reseteo, esquemas responsivos, ...)

- Ter sempre un plan B

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...

Seguridade de Redes e Sistemas

  Estas son algunhas url que recopilei perante o curso de Técnico en Seguridade de Redes e Sistemas,  verán de 2009.  > Posiblemente conten información  desactualizada. URLs de consulta http://www.baxware.com/ http://www.sectools.com/ LINUX Redes linux   Microsoft Máquinas Virtuales: Virtualización Virtualización x86 Virtualización   TechNet Magazine: Group Policy /Directivas de grupo Group Policy: TechNet Magazine Arti... Plantillas ADM y ADMX  Group Policy. FAQs Optimización del rendimiento de directiva de grupo Consola de administración de directivas de grupo.   Scripting: Script Center Microsoft   Active Directory: Novedades en Servicios de dominio de Active Directory GPO/ADMX Políticas de grupo(GPOs) y ADMX en Windows Server 2008 Getting Started: AD DS Create a PSO   Auditorias Auditorías   Redes Protocolos CSMA/CD Frame_Relay WLAN#Principios_de_las_redes_WLAN RDSI#La_interfaz_del_usuario Modelo_OSI Broadcast  *********...

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...