Un erro bastante común cando instalamos un servidor de provas *AMP (wamp,xamp, uniserver, amps, easyphp,...) é atoparse co aviso de que non se atopa a libraría MSVCR110.dll, polo tanto é imposible executar o servidor de proba.
Para corrixilo hai que localizar o paquete Microsoft Visual C++ 2008 SP1 Redistributable Package(x86) e o equivalente Microsoft Visual C++ 2008 SP1 Redistributable Package(x64) descargalos e instalalos no noso ordenador
Con iso debería bastar
Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios 1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...
Comentarios
Publicar un comentario