Saltar ao contido principal

aproveitar Linkedin ao máximo

Non todas as redes sociais son iguais. Non teñen os mesmos cometidos, nin tampouco os mesmos protocolos aceptados de participación. E tampouco o mesmo público. Cando usamos unha rede social en concreto debemos coñecer que prácticas son máis efectivas ou cales non están ben consideradas.

No caso de LinkedIn un artigo publicado en www.puromarketing.com aconsella o seguinte:

- LinkedIn vai cumprido de profesionalidade, se profesional Que sexa unha rede social non quere dicir que sexa Facebook. As relacións que se establecen nesta rede teñen como obxectivo prioritario facer contactos profesionais. É bo dar boa imaxe ao fin de xerar confianza e demostrar os nosos méritos.

- A túa descrición será crible
Unha cousa é ser orixinal, co fin de destacar, e outra ter profesións inimaxinables.

- Non estás parado, senón en busca activa de emprego
Nunha epoca de eufemismos... Presentarnos como profesionais independentes, amosar as actividades que estamos a facer - voluntariado, colaboracións,...-, pode resultar positivo, dando unha imaxe de persoa activa.

- A experiencia sempre axuda
Si temos experiencia sen dubida xogará ao noso favor. Senón crear o noso propio proxecto, transmitir coñecemento, investigar, seguir aprendendo tamén é un xeito de adquirir experiencia.

- Publicar contido de valor, amosando coñecementos e intereses profesionais
Optar siempre por contidos que aporten coñocemento a túa comunidade.

- Saber venderte non é 'montar un chiringuito'
Dar a coñecer os teus fitos ou proxectos sen necesariamente ter que vender o libro, o curso, o servizo...

- Os grupos son un punto de encontro onde compartir intereses
Interactúar cos usuarios, participar na conversación e fomentar aqueles debates que realmente poidan interesar aos membros do grupo.

- Da comunicación ao spam hai un paso
Con LinkedIn pódense enviar mensaxes directos aos contactos - incluso aos que inda non forman parte da nosa comunidade-. Pero para non perdelos mellor non ser insistente de máis.

- Utilizalas invitacións a conectares para fornecer nexos profesionais
As invitacións constitúen a primeira toma de contacto cunha persoa, é bo aproveitalas para sentalas bases dunha boa relación profesional.

saber máis

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...

Seguridade de Redes e Sistemas

  Estas son algunhas url que recopilei perante o curso de Técnico en Seguridade de Redes e Sistemas,  verán de 2009.  > Posiblemente conten información  desactualizada. URLs de consulta http://www.baxware.com/ http://www.sectools.com/ LINUX Redes linux   Microsoft Máquinas Virtuales: Virtualización Virtualización x86 Virtualización   TechNet Magazine: Group Policy /Directivas de grupo Group Policy: TechNet Magazine Arti... Plantillas ADM y ADMX  Group Policy. FAQs Optimización del rendimiento de directiva de grupo Consola de administración de directivas de grupo.   Scripting: Script Center Microsoft   Active Directory: Novedades en Servicios de dominio de Active Directory GPO/ADMX Políticas de grupo(GPOs) y ADMX en Windows Server 2008 Getting Started: AD DS Create a PSO   Auditorias Auditorías   Redes Protocolos CSMA/CD Frame_Relay WLAN#Principios_de_las_redes_WLAN RDSI#La_interfaz_del_usuario Modelo_OSI Broadcast  *********...

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...