Saltar ao contido principal

web e mercado libre

Afronta-lo desenrolo dun portal web implica experiencia e profesionalidade. 'Calquera' pode criar un portal, pero non calquera pode criar un portal seguro, eficaz e profesional.
Podes probar con 1to1 ou opcións similares, comprar unhas templates ou descargarte algún framework open source... probablemente despois duns 3-6 meses estarás farto e o teu negocio continuará sen ter unha paxina web que sirva de referencia ou que aporte o valor engadido suficiente para ser atractiva aos usuarios. E terás que recorrer a profesionais que solucionen o teu problema. Solo terás encetado a perder diñeiro e tempo.
Un deseñador web profesional analizará con detemento o teu caso, creará un proxecto especifico para ti e si vos poñedes de acordo firmaredes un contrato con garantías, no que se establecerán as condicións de desenrolo:
- Deseño da base de datos
- Arquitectura do site
- Programación frontend/backend
- Deseño gráfico frontend/backend
- SEO / Optimización buscadores
- AAA / Accesibilidade e usabilidade
- Auditoría de seguridade
...
e máis ca nada os PRAZOS DE ENTREGA do proxecto.
O prezo: no mercado libre o profesional ten a potestade de establecer as súas tarifas en función da súa cualificación, profesionalidade, calidade, mercado, ...
Evidentemente o cliente ten todo o dereito de informarse, pedir explicacións e garantías; e elixir o que en última instancia considere que se adapta mellor as súas necesidades, recursos ou expectativas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...

Problema correndo *AMP en Windows 7

Un erro bastante común cando instalamos un servidor de provas *AMP (wamp,xamp, uniserver, amps, easyphp,...) é atoparse co aviso de que non se atopa a libraría MSVCR110.dll, polo tanto é imposible executar o servidor de proba. Para corrixilo hai que localizar o paquete Microsoft Visual C++ 2008 SP1 Redistributable Package(x86) e o equivalente Microsoft Visual C++ 2008 SP1 Redistributable Package(x64) descargalos e instalalos no noso ordenador Con iso debería bastar

Listado de recursos (para formadores)

Ligazóns oficiais ID  * URL DESCRICIÓN * INE https://www.ine.es/ Instituto Nacional de Estadística INCUAL http://incual.mecd.es/ Referente para a formación profesional e as ensinanzas profesionais Instituto Nacional de las Cualificaciones SEPE https://www.sepe.es/ Servicio Estatal Público de Emprego edu.xunta http://www.edu.xunta.gal/portal/ Intef https://intef.es/recursos-educativos/ Recursos educativos abiertos Instituto Nacional das tecnoloxiás educativas e a formación do profesorado Fotos de stock gratuítas ID URL ID URL The stocks http://thestocks.im/ PngImg Imaxes para collage - png-img Pexels https://www.pexels.com/ Stockvault https://www.stockvault.net/ Unsplash https://unsplash.com/ Picjumbo https://picjumbo.com/ Pixabay https://pixabay.com/ Pikwizard https://www.pikwizard.com/ Gratisography https://gratisography.com/ Rawpixel https://www.rawpixel.com/ Morguefile https://morguefile.com/photos Reshot https://www.reshot.com/ Burst https://burst.shopi...