Saltar ao contido principal

arqueoloxía de Internet

Por cada novo sitio, por cada nova web, blog, tenda virtual, por cada un dos perfiles aberto en cada unha das redes sociais, existen outros tantos tropezos, abandonos, cansazos e renuncias. A "main street" da mega-cidade que é Internet parece estar sempre chea de novidades e estreas, pero tamén de portais pechados, paneis publicitarios e paredes onde se acumulan os anacos e esconchados dunha actividade suspendida no tempo.

Cando realizas unha busca, ninguén te garante que as últimas respostas-aportacións-datos a prol do asunto sexan os mellores, os máis axeitados e fiables. Como tampouco nadie garante que unha resposta-aportación-dato encol dun asunto sexa inútil por que ten máis de medio mes publicado na web. O usuario asume a obriga de ser quen, coa súa decisión-selección-elección confira o valor final de algo na rede. Ese é o xogo. E moito da loxica viral coa que se producen as ondas de opinón-distribución-éxito que nos atopamos cada día.

Internet é a rúa principal e nesa rúa conviven os escaparates e neons (mellor leds?) máis relucentes e actuais e os contedores de lixo, as papeleiras, e as cabichas, as gomas de mascar pegadas ao chan, os papeis sen dono, as bolsas de plástico, os viandantes, paseantes, 'curritos' que teñen aló o seu choio, miróns, bloggers subidos aos seus caixóns de categorías e tag-clouds(nubes de etiquetas) . É a rúa principal, pero o servizo de limpeza non esta instaurado -Google mediante!-.

Eu son dos que opino que é moito mellor así.

A pesares de que a World Wide Web (WWW, ou "a Web") tal e como a coñecemos foi desenrolada inicialmente por Tim Berners Lee en 1989, dende aquela xa se produciron un enorme numero de mudas nos usos e comportamentos dos usuarios, programadores e editores... Levaríanos tempo saber a quen poñer primeiro como detonante dos cambios.

saber máis:
Internet Archaeology: Behold the Most Hilarious Abandoned Websites
Internet Society
http://www.internetarchaeology.org/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Problema correndo *AMP en Windows 7

Un erro bastante común cando instalamos un servidor de provas *AMP (wamp,xamp, uniserver, amps, easyphp,...) é atoparse co aviso de que non se atopa a libraría MSVCR110.dll, polo tanto é imposible executar o servidor de proba. Para corrixilo hai que localizar o paquete Microsoft Visual C++ 2008 SP1 Redistributable Package(x86) e o equivalente Microsoft Visual C++ 2008 SP1 Redistributable Package(x64) descargalos e instalalos no noso ordenador Con iso debería bastar

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...

Condicións das condicións de uso

Estas son condiciones de uso que se van considerar conveniente incluir na nosa tenda on-line: Información xeral da empresa e da web. Declaración de propiedade(s) e dereitos sobre os contidos que aparecen na web. Información sobre os productos que aparecen. Prezo: Que se inclue e que non. Declaración de responsabilidade sobre o stock dispoñible.  Pago. Como se fai. Información sobre a seguridade da páxina. Como se fai o pedido. Modificacións e cancelacións. Prazos e lugar de entrega. Condicións para a devolución. Garantía dos produtos. Política de privacidad de datos. LOPD/LSSI Lexislación aplicable. Reservarse sempre a posibilidad de modificar as condiciones de uso. Limitar ao máximo as posibles responsabilidades.