Saltar ao contido principal

a voltas co deseño web responsivo

O deseño web responsivo implica cambios no proceso de deseño. E unha forma diferente de pensar.

Antes de deseñar unha paxina web convén saber -entre outras cousas- como vai a ser o usuario tipo e con que navegador e dispositivo vai a acceder aos contidos.

Coas medidas fixadas en píxels, polos parecidos co deseño gráfico plano da publicación impresa, pódese crear un ámbito fácil de comprender e ao que os deseñadores se adaptaron sen problema.

Pero impor agora esas restricións do papel e as súas medidas fixas ao deseño web non vai a ser unha solución perdurable.

Os modelos flexibles ou fluídos, capaces de adaptarse ao espazo de mostra do dispositivo coa mínima intervención dunha programación especifica, parecen unha alternativa xa consolidada.

O desenvolvedor web ten que experimentar e investigar coas técnicas de deseño antes de tentar o deseño -responsivo!- final.

O máis axeitado é comenzar polo sinxelo: crear un modelo áxil, adaptable e fluído para móbil, p.ex.. Logo, ampliar os recursos de estilo en función das necesidades que se vaian presentando dada a arquitectura, o interface e a experiencia de usuario que se propoña.

Para un deseño responsivo efectivo é bo prescindir ou minimizar as medidas fixadas en píxels. Mellor usar unidades proporcionais como os porcentaxes (%), ou em e rem (root em) para os tamaños de fonte ou as dimensións dos elementos.

Si para o proxecto final fora preciso o uso de dimensións fixas, pódese aproveitar o esquema fluído inicial e definir en pixels o ancho do elemento exterior de acordo ao dispositivo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Problema correndo *AMP en Windows 7

Un erro bastante común cando instalamos un servidor de provas *AMP (wamp,xamp, uniserver, amps, easyphp,...) é atoparse co aviso de que non se atopa a libraría MSVCR110.dll, polo tanto é imposible executar o servidor de proba. Para corrixilo hai que localizar o paquete Microsoft Visual C++ 2008 SP1 Redistributable Package(x86) e o equivalente Microsoft Visual C++ 2008 SP1 Redistributable Package(x64) descargalos e instalalos no noso ordenador Con iso debería bastar

Breve introdución ao fenómeno dos meme

Un dos aspectos máis extravagantes, infantís ou simplemente parvos da 'cultura en liña' son os meme. Para os que non estamos familiarizados co seu uso pode pasar totalmente desapercibido, mentres que para os que o practican é un dos vectores de propaganda e reporte de beneficios  1 de maior efectividade. Meme non é un derivado de memez, inda que puidera. Para saber en que consiste e centrar o 'fenómeno' hai que dicir que o meme é unha especie de broma que -polo que sexa- vai gañando popularidade e vaise desenvolvendo e propagando grazas a súa capacidade de xerar un fluxo constante de derivados. Hai unha cantidade indeterminada de memes pululando pola rede. E un número considerable de sitios que, ao longo dos anos, se foron alimentando ou se crearon para preservalos ou dalos a coñecer. Dese xeito foise xerando un espazo en liña para ese novo formato da comedia. Algúns destes sitios gañaron tanta popularidade que acabaron transformarse nunha localización salientable ...

Condicións das condicións de uso

Estas son condiciones de uso que se van considerar conveniente incluir na nosa tenda on-line: Información xeral da empresa e da web. Declaración de propiedade(s) e dereitos sobre os contidos que aparecen na web. Información sobre os productos que aparecen. Prezo: Que se inclue e que non. Declaración de responsabilidade sobre o stock dispoñible.  Pago. Como se fai. Información sobre a seguridade da páxina. Como se fai o pedido. Modificacións e cancelacións. Prazos e lugar de entrega. Condicións para a devolución. Garantía dos produtos. Política de privacidad de datos. LOPD/LSSI Lexislación aplicable. Reservarse sempre a posibilidad de modificar as condiciones de uso. Limitar ao máximo as posibles responsabilidades.